Publicado por : Adycto
7 de decembro de 2010
Estes días a política nacional anda ao son que marca o conflicto vivido a pasada fin de semana co tema dos controladores aéreos. É a primeira vez que España vive un Estado de Alarma e, a pesares de que xa comezan a escoitarse voces (case que todas populares) críticas coa actuación do goberno a min, a verdade, paréceme que se actuou correctamente. Ante un órdago como o lanzado polo colectivo de controladores aéreos non quedaba outra solución que solventar a situación do xeito máis rápido posible e isto é o que fixo o Goberno. Ben é certo que non me gusta iso que se está a dicir sobre prolongar o Estado de Alarma para garantir o bo funcionamento dos aeroportos en Nadal (o tema de darlle marxe de acción ao exército nunca me gustou moito) pero creo que o Goberno actuou de xeito correcto. O dos controladores non ten moito sentido. Se queren facer reivindicacións de tipo laboral, que teñen todo o dereito, teñen instrumentos máis que de sobra para facelos (convocatoria de folga, etc) pero chantaxear a todo un país para o mantenemento duna serie de privilexios laborais coa que está a caer en España paréceme algo fora de toda lóxica. Seguro que a situación laboral dos controladores empeorou coas últimas reformas que se están a facer dende o goberno e que están descontentos con elas pero hai xeitos e xeitos de protestar e o que escolleron non é de recibo. Ata aquí os parabéns ao Goberno.
Resulta que o Goberno de España ven de aprobar o seu último paquete de medidas para loitar contra a crise económica -aínda que mellor habería que dicir para congraciarse con mandamases económicos europeos. Neste último paquete de medidas se contempla a supresión, dende o vindeiro mes de febreiro, do PRODI (programa temporal de protección por desempleo o inserción) polo que 300.000 persoas ao mes en España recibían 426 euros. Hai que lembrar que esta axuda é para aquelas persoas que teñen agotado as prestacións por desempleo e que constitúen o balon de oxíxeno que permite a moitas familias sobrevivir a fin de mes nestes duros tempos nos que estamos a vivir.
Está claro que o Estado está a gastar ao ano cerca de 1500 millóns de euros nestas axudas pero a supresión da mesma non debe ser vista como un aforro para as arcas do Estado ou un xeito de reducir o deficit do país, senón que debe ser vista como a traición máis grande que teño visto cometer por un goberno que se autodenomina progresista ou de esquerdas, contra a clase máis desfavorecida do país. A verdade é que me repugna ver como un partido político que no seu nome leva a palabra "Socialista" e como un goberno que se cansou de repetir que estaría ao lado das persoas máis desfavorecidas abandoa agora a estas a súa sorte.
O que está a facer o goberno coa supresión do PRODI vai ter unhas consecuencias difíciles de calcular. Non só a nivel económico -debo lembrarlle a ZP que eses cartos utilízanse para mercar alimentos, roupas, etc e non para almacenar nunha conta corrente en Suiza coas consecuencias que iso vai ter para o mercado interno do país- senón a nivel social porque, que vai facer a xente que ata o momento malvivía con esta axuda? non lle vai a dar de comer aos seus fillos? vai quedar na casa sen facer nada?
Señor Zapatero: Rectifique. Rectifique e lembre, se é que ten memoria e decencia, por qué comezou nesto da política e por qué entrou no partido socialista. Todos cometemos erros na vida e todos temos dereito a equivocarnos pero o que vostede está a facer neste momento é unha das accións máis baixas que lle vin facer a un presidente de goberno en España. Como dicía é unha traición a un sector da poboación que confiaba en vostede e non só a eles senón tamén a unha parte importate da poboación que, ata o de agora, veía en vostede a unha persoa con principios ao que as presións que está a sufrir o levaban a tomar decisións en contra da súa vontade (pensións, funcionarios, axudas á banca, etc) pero que dende agora o verán simplemente como un traidor.
Para os economistas a cousa é clara. Sairemos da crise tomando unha serie de medidas (como as que está a tomar o Goberno) que producirán un "reaxuste" na nosa economía e nos premitirá crecer pero ese "reaxuste" do que falan non é máis que miseria, sufrimento, dor, exclusión social e morte para un importante número de conciudadáns que, por outra banda, no son responsables da crise que estamos a vivir.
A foto que ilustra este post saqueina do blog http://oddtrend.blogspot.com/

Amigo Adycto estoy de acuerdo con todo lo que dices, quizás en apoyo a tu llamada a Zapatero añadir que no nos deje con la impresión de que el conflicto le ha venido bien para que las últimas medidas económicas pasen más inadvertidas. Que no imite a los genoveses con aquello de "a río revuelto ganancia de pescadores" pues muchas de sus voces peperas van en la dirección de "estamos de acuerdo con las medidas, pero ¿qué ha hecho el gobierno para impedir el conflicto?
Yo les pregunto a ellos ¿debería haberse bajado los pantalones como hizo Aznar responsable de que los controladores ganaran cerca de los 600.000€?
Cosas Veréis Amigo Mejuto!!!
Señores, mano dura. Se despide a todo el que se pueda y se indemniza a quién proceda. Se contratan nuevos controladores con salarios "normales" y ahorramos una pasta.
Un grupo de personas que tienen el monopolio de las comunicaciones aéreas de un país no pueden tener esos privilegios. He leido las respuestas que estos sinvergüenzas daban en distintos medios y es lamentable. Se quejan de sus condiciones de trabajo (por lo menos lo tienen y bien pagado), pobriños trabajan mucho y tienen unos servicios mínimos en caso de huelga excesivos.
PERO ME CAGO EN LA PUTA!!! que ganáis cientos de miles de euros. Como si tenéis que currar en pelotas, con pinchos en la silla y comiendo mierda. QUE SOIS MILLONARIOS JODER!
Entonces la gente que no tiene empleo o que trabaja quince horas por un salario de mierda, qué tendría que hacer? A ver, díganmelo señores privilegiados. Por esa regla de tres media España tendría que levantarse contra todo aquel privilegiado, como vosotros, no?
Por una vez, y sin que sirva de precedente, me gustó la actuación del gobierno, rápida y contundente. Al Estado de Derecho no se le pueden echar pulsos. Cuando los intereses de 2500 afectan a millones no es posible que los 2500 tengan la razón, lo siento pero la mayoría no puede salir perjudicada por los derechos elitistas de unos poquitos.
Un saludo.
Eu persoalmente, pese a todo o inferno de presións, falta de dereitos e estrés que están a pasar os pobres controladores, se mañán mesmo un deles se ofrecese a cambiarme o posto de traballo, aceptaría cos ollos pechados. Así de simple. Que lle vaian contar aos médicos de garda 24 horas no hospital o que é ter unha responsabilidade, e a vida de alguén nas súas mans. E as súas retribucións nin se achegan.
Seguramente o decreto aprobado a véspera da "non folga" non sexa perfecto e supoña algún atentado contra os dereitos laborais desa xente, pero neste país estamos a vivir un constante recorte de dereitos laborais para todo o mundo, sen unha retribución económica que o compense. Incluso para os que non chegan a mileuristas. E esa xente non fixo unha folga encuberta. Fixo unha folga xeral, bastante descafeinada por certo, pero dentro da legalidade. Así que se toca fastidiarse, fastidiámonos todos. Agora co da entrada de capital privado nos aeroportos (barbaridade, por certo), estes van ver o que é deixar de ser os nenos terribles e de ter a capacidade de paralizar un país.
Por certo, a min se deixo o meu posto de traballo sen xustificación e baixo a obviedade de ser unha medida de presión, bótanme. así de simple. E se pola miña ausencia se ocasionan prexuízos, se me reclamarían responsabilidades civiles ou penales. tamén así de simple. E eu non son un servizo estratéxico.