Publicado por : Adycto
24 de novembro de 2010
Extra, Extra, Extra!! O outro día tivo lugar unha reunión entre os "100 principais empresarios de España!" e o Rei. Visto o visto só faltaba Rouco Varela para estar todos e poder xa conspirar e derrocar a esa "pandilla de rojos" que dirixen o país con toda tranquilidade. En todo caso seguro que Rouco mandou a un delegado. O mellor é que son un pouco desconfiado pero, senón era para iso, para que coño se reúnen co Xefe do Estado en vez de co presidente do Goberno?
Bueno, imos ser xustos. A verdade é que houbérame encantado que existise esa reunión pero no foi así -alomenos publicamente-. Como dirían os medios máis liberais, "simplemente" unha representación dos 100 principais empresarios de España, fartos dos "desmáns da clase política e a deriva populista e irresponsable de PSOE e PP" (segundo Libertad Digital) entregáronlle ao Rei un informe no que reclamaban un "novo sistema electoral e un modelo de Estado que garantice a democracia". Non soa como o da reunión que os contaba eu pero case case Porque xa me diredes a min que significa iso de "novo sistema electoral" e "novo modelo de Estado".

Pero non quedou ahí a cousa. O texto que lle entregaron ao JuanCar, elaborado baixo o paraugas da Fundación Everis, ten un capítulo adicado ás "reflexións acerca do Modelo de Estado de España", no que se pon de manifesto a necesidade de "cambiar o sistema electoral para axustalo ás novas necesidades do país", critica a visión "cortoplacista" e a "falta de preparación" dos políticos, que dexeneran en "loitas partidistas" que "erosionan a confianza dos cidadáns" e ataca o "oportunismo e ineficiencia" dos responsables autonómicos.
Ademáis, como non podía ser doutro xeito, o informe pon en tela de xuizo a labor dos sindicatos e da patronal por "non ser capaces de adaptarse aos cambios xurdidos" na sociedade e esixe "revisar os mecanismos de financiación" destos "axentes sociais".
Xa sei que seguro que son un alarmista e que a cousa non é para tanto pero a min, certamente, parécemo. A monarquía, os 100 empresarios máis importantes do país e a Igrexa (que seguro que estaba no allo aínda que non saise por ningún lado) non fan nada bo cando se poñen de acordo en algo.

Rouco no asistió a la reunión porque está muy ocupado digiriendo la última posición papal ante el condón. Piensa que ¡le ha pasado por la izquierda!
Volviendo al fondo del asunto me ha sobresaltado al leer lo de la reflexión sobre el modelo de estado, mi optimismo me ha empujado a pensar en la República y en una democracia popular consejista, pero claro enseguida me he bajado del burro al pensar en el interlocutor y en los ponentes aplaudidos por LDigital.
Nom creo que sexa precisamente a república o que pretenden estos "angelitos".....
Ceos. Os empresarios e mais o rei. Decidindo sobre cuestións de estado. Ás costas da suposta nación soberana. Isto parece un remedo dos episodios nacionais, en concreto sobre a etapa de Fernando VII. En fin, creo que a ninguén lle sorprende ver que no fondo os poderes fácticos seguen a ser os de sempre. Ao final vai resultar que estamos nun proceso regresivo, a medio camiño entre a revolución industrial imparable sen compoñente social ata o "Pan e Circo" (MCdonalds e Madrid-Barça) pasando polo despotismo ilustrado, salvo polo de ilustrado, que xa lles gostaría.
Isto lle fai plantexar a un cuestións bastante incómodas como ¿Entón qué collóns facemos cada catro anos tendo que ir a un colexio en domingo a meter un papeliño nunha caixa, se realmente os que mandan son a élite empresarial...e o rei?