Publicado por : Adycto 3 de novembro de 2010

Non hai moito tempo, coido que no mes de xuño, o periodista Jon Sistiaga elaborou para as cadenas televisivas do Grupo Prisa, Cuatro e CNN+. un documental no que trataba de atopar as supostas conexións que, dende hai meses, moitos están sinalando entre o goberno de Chávez a Eta e as FARC. Non vou ser eu o que diga se isto é certo ou falso pero, o que si vou facer, é deixarvos un enlace ao post de Cubainformación titulado "Los Guardianes de Chávez" no que se fai un riguroso análise deste documental e se demostra como a manipulación informativa tamén está presente en medios que algúns siguen a tildar de independentes. Pois nada, supoño que moitos dos avezados lectores de Xornal Aberto comezaredes a estar un pouco cansos dos temas que ultimamente estamos a abordar pero é que a situación de bloqueo mediático e de desinformación que os medios están a aplicar con determinados temas obliga a que busquemos, entre todos, outras fontes de información que nos dean outros puntos de vista e acceso a outras realidades informativas. Non deixdes de velo porque non ten desperdicio.

One Response so far.

  1. JLMejuto dí:

    Aunque quizás "timidamente" hay algún medio de comunicación que trata de compensar la tendenciosidad de la generalidad.

    En este ejemplo bajo el velo del humor:

    http://blogs.publico.es/vergara/files/2010/10/2010-10-26.jpg

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -