Publicado por : Adycto 16 de setembro de 2010


Como moitos saberedes o sector lácteo galego está en pé de guerra. Levamos tempo no "país do millón de vacas" sufrindo os desmáns das grandes empresas e iso o están a pagar os nosos gandeiros que se ven indefensos ante as políticas das grandes empresas. Por ese motivo os sindicatos do sector levan uns días facendo unha campaña informativa en diferentes áreas comercias galegas reclamandolle ao consumidor que prescinda das firmas Lactalis, Lácteos Lence y Leite Celta. O motivo non admite dúbida: estas empresas, e todas as marcas coas que comercializan os seus produtos, pagan o leite aos gandeiros a prezos por debaixo do coste de produción. Dende Xornal Aberto temos claro que isto non se pode permitir porque deste xeito estamos a "cargarnos" unha parte importate e representativa do noso tecido industrial e, ademais, unha dos sinais de identidade do país. É o momento de que todos colaboremos e de que ninguén merque estas marcas xa que o que van a acabar conseguindo coas súas políticas é destruir aos nosos gandeiros. Xa non vou a entrar en que un país coma o noso, que produce leite da máxima calidade en cantidades que lle permiten exportar (descontando por suposto o consumo do país), teña que consumir leite de fora pero é que o que están facendo as grandes firmas é tratar de liquidar ao sector e iso non se pode permitir. Un día con máis calma profundizo no tema pero, polo de agora, facede caso e non consumades marcas destas firmas. Non pido que consumades leite galega (a mellor do mundo) pido que non consumades marcas de leite que están machacando ao noso sector leiteiro.

4 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    enton é mellor mercar leite non galega?
    gran dilema?
    p.d. homenaxe para ana kiro en xornalaberto.

  2. Adycto dí:

    non, hai opcións como Feiraco....
    A homenaxe a Ana Kiro está no camiño....so preciso un par de horas libres.....

  3. pinchinho dí:

    Poido recomendar aparte de Feiraco a Deleite??
    Esta marca xurdiu despois de arendar a planta láctea de Leche Pascual por parte de unha cooperativa que comerclaiza un leite enteiramente producida en Galicia.

  4. Adycto dí:

    POR SUPOSTO......

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -