Publicado por : Adycto 15 de xuño de 2010

Ademais de obsesións coñecidas polos habituais a Xornal Aberto como a Cidade da Cultura, a crítica política, o enfoque que os medios de comunicación dan a determinados movementos políticos ou cidadáns, a situación de Galiza, o ciclismo ou o Celta, teño outras -coma todos- das que non estou habituado a falar neste blog. A pesares de que as miñas lecturas formativas actuais - O capital (Karl Marx) e o último tomo dos Episodios Nacionais (Pérez Galdós)- me deixan pouco tempo para a lectura de "lecer" son bastante afeccionado a novela histórica en xeral e, máis concretamente, a aquela que versa sobre as guerras napoleónicas. Mención aparte merece unha saga de libros que recomendo a todo o mundo e que, non hai moito tempo, foron una auténtica obsesión para min: a saga de Capitán de Mar e Guerra do mestre Patrick O`brian nas que este excepcional escritor narra as vivencias de dous amigos unidos polo mar, o capitán Jack Aubrey e ciruxán Stephen Maturin. A todos os lectores do blog recoméndolles a lectura desta saga de libros coa que, ademais de descubrir unha época histórica excepcional e a uns personaxe fora do común, posiblemente atoparán un amor que non sabían que tiñan pero que sempre tiveron sen sabelo: navegar.

Digo todo isto porque, merced a lectura destes libros "coñecín" a través de internet a unha serie maravillosa de homes e mulleres que, a través de diversas páxinas e foros, axudáronme a compartir a experiencia da lectura desta saga. Desa época - Thomas Pullings aparte- xurdiu o meu interese pola historia naval -allea e propia- e por iso hoxe escribo este post que vai adicado a un proxecto común de tres deses homes: Efemérides Navales, un blog pensado por e para os afeccionados á historia naval e aos que queran afeccionarse. Os autores son Thomas Pullings, Jack Byron e Daniels tres homes que comparten unha paixón que son capaces de trasmitir así que non deixedes de lelos. Seguro que os gustarán as súas Efemérides Navales.

PD: Do de ler a saga de Capitán de Mar e Guerra xa non digo nada....o que non o faga non será por que non llo dixen.

3 Respostas ata o de agora.

  1. JLMejuto dí:

    Me daré una vuelta por la biblioteca con la lista de tus recomendados.
    Aunque de otra época (finales del primer milenio), te recomiendo la lectura de "El Puente de Alcántara" de Frank Baer, donde entre otras cosa se relata la convivencia, no exenta de problemas, de las tres culturas, (musulmana, judía y cristiana) en la ibérica de aquellos tiempos. Recomiendo que durante la lectura se tenga en cuenta que el autor es judío, pues aunque trata de ser muy neutral a veces no lo consigue.

  2. Adycto dí:

    me lo apunto

  3. Moitas grazas polos seus parabéns, amigo adycto. En canto á saga, pouco máis teño que engadir, é realmente unha homenaxe á literatura de aventuras, e ata os profanos no mundo náutico se sentirán trasladados a unha época apaixoante e historias realmente moi ben trazadas, cun desenrolo das personaxes realmente incríble.

    En canto ó blog, esperemos que o proxecto chegue a bo porto. o que resulta máis incrible é que por cada día do ano poida traerse a colación unha efeméride naval. Ata o de agora conseguemos mantelo así. Alégrome de que che goste.

    Unha aperta

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -