Publicado por : Adycto
6 de abril de 2010
Hoxe vou escribir sobre onte pero tamén sobre mañán. Digo isto porque vou a falar sobre o editorial publicado onte polo Pravda, titulado Rectificación Vaticana pero, ao tempo, vou falar dun tema que seguirá estando presente nas nosas vidas hoxe, mañán e seguro que dentro de trescentos anos: A Igrexa. Sabedes todos dos meus pensamentos ao respecto. Sabedes que para min Deus non creou ao home senón ao rivés: o home creou a Deus para tratar de explicar o que, pola súa falta de coñecemento, todavía non podía explicar. Tamén sabedes do meu enfrontamento vital coa Igrexa e todo o que a rodea pero, o que non sabedes, é que o que lin onte no País é unha reprodución case que exacta dos meus pensamentos. Por se sodes tan vagos como o meu irmán (que é dos que por non ler non le nin as sinais de tráfico) e os da pereza voltar cara atrás para pulsar o link que os deixei ao artigo en cuestión déixovos eiquí unha pequena escolma do mesmo: "Cada vez que el Vaticano habla se hunde más en la charca en la que lleva semanas chapoteando -y de manera discontinua, meses y aun años- por el escándalo de los abusos sexuales de sacerdotes y prelados sobre la juventud, últimamente en la hipercatólica Irlanda, pero anteriormente en Estados Unidos, Austria, Bélgica, Polonia y la propia España.(...)La raíz del problema reside en la confusión deliberada que practica la Iglesia entre pecado y delito". De feito, onte mesmo, un deses cardenais que tanto me gustan dicía, sobre o tema dos abusos sexuais sobre menores, que son "tropiezos". Non amigo cardenal, non son tropezos, son delictos.
La corrupción de la jerarquía eclesiástica no me sorprende, tras veinte siglos de historia estoy curado de susto.
Me sorprende y me entristece la actitud de tantos católicos de base quienes ante la evidencia no apostatan.
Ía lanzarme a unha das miñas diatribas coas que teño a ben torturarvos, pero creo que as verbas están de mais. Supoño que eses pedófilos ben puideran facer súa a campaña da igrexa de "ese cura é un Tu en Ti"
Indignante, coma sempre. Que esa mesma xerarquía pretenda dar directrices morais e impoñer o seu pensamento antediluviano mentres pasan estas cousas.
Un saúdo.