Publicado por : Adycto 12 de abril de 2010


Hoxe escribo para contarvos como, ás veces, as redes sociais serven para cousas que non sexan delictivas. Compostela ten dende hai meses, a pesares de estar en Ano Santo, un dos aspectos máis lamentables dos últimos tempos. Andar en coche pola cidade é imposible e non só polo pésimo estado do tráfico (que tamén, por culpa das Obras do Faraón) senón porque a maior parte das rúas da cidade teñen unha fochancas enormes que fan que as amortiguacións e o pasaxeiros dos coches sofran a cada segundo. Pois ben, un coñecido xornalista e blogueiro galego (Mirás Fole) puxo en marcha un grupo do Facebook no que, ante esta situación, se pide que a xente apadriñe ou amadriñe unha destas fochandas. Este é o texto que informa da situación na mencionada rede social: "Los peregrinos se preguntan cuándo se produjo el bombardeo; las calles de Compostela presentan el estado más lamentable de su historia, en pleno año santo. La rúa París de Fontiñas, Rosalía de Castro, Entrerríos, San Caetano, Sánchez Freire y García Prieto, recién inauguradas por cierto... El gobierno local, por fin, a fecha 23 de febrero y por boca del alcalde, reacciona. Hasta entonces permanecía indiferente ante una ciudad minada por los baches. Proponemos que cada miembro del grupo apadrine un bache o, en su defecto, a un concejal. ¡Afíliate! ¡Asfalta a tus concejales!Somos ya más de 2.700 madrinas y padrinos". Pois nada, o dito, que os afiliedes.


PD: O alcalde debe de tener Feisbul tamén xa que parece que reaccionou como demostra a noticia publicada hoxe na Voz na que se informa de que o concello habilitou unha partida de 2,5 millóns de euros para reparar os viales urbáns.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -