Publicado por : Adycto 9 de marzo de 2010

Antes de nada quero pedirlle excusas a todas as persoas que se apeliden "Varela" porque a cousa non vai con eles. Cando me refiro á maldición dos "Varela" o fago pensando só naqueles que, con este apelido, ocupan ou ocuparon o cargo de conselleiros de Cultura da Xunta de Galicia. E cando falo de maldición estou a ser bo con eles porque, ou é unha maldición, ou é un caso de estulticia supina.

O caso é que o actual conselleiro de Cultura, o señor Roberto Varela, acaba de meter a pata como outros antecesores seus co mesmo apelido. Resulta que hai uns días, concretamente no Parlamento galego, preguntáronlle ao conselleiro por unha presentación súa no marco do Fitur deste ano. Concretamente "acusábano"de castelanizar os nomes dos concellos de Sobrado dos Monxes e Touro. Dicían os "inconscentes"que o conselleiro falara de "Desván de los Monjes" (que manda carallo) e de "Toro" no medio dunha ponencia e o señor Varela contestou do seguinte xeito no Parlamento: "Hay que ser estúpido para pensar que voy a decir Desván de los Monjes".

Pois non señor Varela, non hai que ser estúpido por pensar que o fose dicir. Hai que ser estúpido por dicilo, e moito máis estúpido por pensar que, nos tempos nos que estamos, non ía aparecer ese gazapo seu no internet.

De todos os xeitos, estou convencido que este home aínda ten moito que loitar para chegar a meter o zoco tanto como aquel outro Varela que rexiu os destiños da cultura galega durante o goberno do señor Fraga: Xesús Pérez Varela. Aínda me lembro do seu Carmina Burana (unha das boas cantantes deste país) ou da súa presentación da programación do Xacobeo 2004. Son momentos históricos da historia do país que parece que o señor Roberto Varela quere superar. Leva so un ano no cargo pero ben con moita forza...

O gazapo está pouco despois do minuto 1 do video.


2 Respostas ata o de agora.

  1. Thomas Pullings dí:

    Tería moita gracia de non ser porque non ten gracin ningunha. O señor Varela deixanos en evidencia a todos os galegos, que non estamos últimamente para estas cousas. Isto o que evidencia é a concepción que o propio Varela ten da cultura deste país. É dicir, os galegos coma sempre, medio parvos (Rosa Díez dixit) e o máis importante, non querendo molestar... e dicir se chamarlle a unha vila galega polo seu topónimo oficial pode molestar "na capital" ou "ós señoritos", non hai problema, nós, que somos uns pailáns e que non queremos molestar a ninguén, chamamoslle "Desván de los Monjes" e todo o mundo contento.

    E este é o elemento que ten que promocionar e coidar a nosa cultura desde as institucións... vaia home. O que non sei e porqué non traduciron o cartel que está detrás do conselleiro, que debería por "Tierras del Uja y Tambrién", o porqué pone portodemouros donde debería poner puertodemoros, un nombre bien galaico...

    Que noxo, é incrible.

    Un saúdo.

  2. emigrante dí:

    Manda carallo!!! Perdón... Manda pene!!!
    Este buen hombre es un impresentable y ciertamente su nivel de cultura no es el deseable para un conselleiro de la misma.
    Los nombres propios no se traducen!!!
    Lo que es extraño es que hable de Desván de los Monjes y acto seguido de Boimorto, y no como debería ser: Buey-muerto. ¿Sería porque sonaba mal?
    La declaración del sr. Varela es incorrecta en todos los sentidos. Si quería traducir los nombres de ciudades, no lo hizo bien; si quería hablar correctamente, no lo hizo bien; si quería quedar bien con nuestros hermanos mesetarios, no lo hizo bien.
    Amigo Varela, los pobres gallegos del resto de municipios galaicos también queremos que se nos traduzcan nuestros paupérrimos topónimos y no sólo los suertudos de "Desván de los Monjes" y de "Toro". También pagamos nuestros impuestos para que se nos castellanice nuestro inferior topónimo.
    Amigo gallego, Castallanice su nombre y sea feliz!
    Un saludo.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -