Publicado por : Adycto 24 de febreiro de 2010

A política mellor valorada polos españois na derradeira enquisa do CIS, Rosa Díez, mostrou de novo, nunha entrevista concedida onte pola noite ao xornalista Iñaki Gabilondo en CNN+, o actual nivel dos políticos cos que conta España. Preguntada polo xornalista por como definiría ao actual presidente do goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, a deputada constestou "gallego en el sentido más peyorativo del término". Segundo o diccionario da Real Academia Española, o termo galego serve para definir a alguén tonto ou tatexo (tartamudo), concretamente en Costa Rica e no Salvador.

Ademais, alo menos polo momento, a señora Rosa Díaz non quixo rectificar as súas declaracións, nin matizalas, nin engadirlle nada mais. Os galegos temos claro hai tempo cal é o xeito de facer política desta señora xa que a tivemos de "tourné "pola nosa terra non hai moito tempo para defender un movimento tan "tolerante" como "Galicia Bilingüe". Un "movimento popular" que trata de rematar coa "imposición" do galego en Galiza. É dicir, trata de loitar contra que en Galiza se fale galego. É dicir, trata de evitar que nun territorio cunha lingua propia esa lingua non se ensine nas escolas obrigatoriamente. É dicir, trata de evitar que se protexa un idioma como o galego (claramente desfavorecido na mairía dos ámbitos) que é para todos nos (falemos ou non galego) un tesouro cultural de moito máis valor que a propia catedral de Santiago.

A verdade é que pouco esperaba desta señora e que, máis que rabia, o que hoxe sintoo é pena por saber que unha deputada pensa e actúa do xeito no que o fai Rosa Díez. Iso sí, logo cando nas eleccións veñas por estas terras a facer campaña non te sorprendas porque algúns "radicais", "independentistas", "terroristas", "sectarios" (seguro que así nos calificaran moitos) vaiamos a dicirche o que pensamos de xente coma ti. Seguro que nese caso dirán que somos uns intolerantes e uns maleducados. O teu, sen embargo, é de persoas educadas e tolerantes.

Vaia país España onde a política mellor valorada é Rosa Díez. Se xa o dicía Larra....En este país!!!

A xa tristemente famosa resposta de Rosa Díez está entre os minutos 5 e 6 do video.

6 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Y tú eres muy BASCA ("náusea, amago de vómito")

  2. Thomas Pullings dí:

    Me hierve la sangre con esta gentuza. Y lo peor es que no salga a la palestra para por lo menos decir que se le ha interpretado mal, o que se le fueron las dos neuronas que tiene de paseo, o que fue poseída en plena entrevista, o por lo menos algo, porque lo de pedir perdón a los casi tres millones de conciudadanos suyos a los que ha insultado, que sería lo suyo, en nuestra clase política es un anatema.

    Creo sinceramente que son cosas como esta y el pronóstico del tiempo en antena3 (donde sólo importa el tiempo que haga en madrid y en el levante, el resto no es españa) las que nos separan de la realidad española. Y lo pongo en castellano para que Rosa Díez pueda leerlo, y no se me acuse de sectario...

    Hala, otra para la lista negra...

  3. JLMejuto dí:

    Por la parte que me toca entiendo tu cabreo de gallego, amigo mío.

    El insulto confirma su pensamiento de que en estas tierras no se debe ser nada más que español.

    No le demos más importancia que la que se merece la máxima arribista actual de la política.

  4. Adycto dí:

    que asco.....e tamén estou cabreado con IÑAKI que, ante a resposta da señora non dixo nada...seguiu para adiante.....

  5. JLMejuto dí:

    Esta semana en uno de los INTERMEDIOS de Wyoming han dado algunas pistas sobre las razones que mueven a esta mujer.
    Recordaron que Rosa compitió con Zapatero por el puesto de Mandamás del partido y perdió, Ahí su inquina hacia ZP.
    No abandonó el partido ya que ello podría obligarla de alguna manera a abandonar su puesto de eurodiputada y perder así unos muy apetitos emolumentos.
    Desde entonces su labor en el partido fue la propia de topo incrustado.
    En sus campañas por el territorio ibérico siempre mostró su españolismo mas rancio, como en una ocasión en Cataluña donde defendía la enseñanza del castellano en contra de la del catalán.
    Pero lo más sangrante fue durante una entrevista que le hizo Jiménez de los Santos en la Cope en la que se mostró tan fascista como su interlocutor.

    Mentando a la Cope se me ocurre preguntarte por tu opinión sobre las declaraciones del obispillo Camino en cuanto a la inmunidad del Borbón frente a la excomunión cuando refrende la ley del aborto.

  6. Anónimo dí:

    A señora AsqueRosa Díez está a petala no facebook. Ten máis de 100 grupos creados:"eu tamén creo que Rosa Díez é gilipollas no sentido pexorativo da palabra" acadou case que 20.000 fans en tres días.
    Se coñecedes a alguén da Autónoma de Barcelona (AsqueRosa Díez da unha conferencia o venres 5 de marzo) convencelo para que forme un grupiño e lle canten o himno galego ou Miña terra Galega de Siniestro...

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -