Publicado por : Adycto 18 de xaneiro de 2010

A pesares de que este ano hai Xacobeo e de que van aparecer por Compostela millóns de pelegríns que deixarán unha chea de cartos na cidade (todos os composteláns saben que isto non é máis que fina ironía galega), en Xornal Aberto estamos preocupados polo futuro da capital galega e, deste xeito, queremos facerlle ao concello de Compostela unha proposta que non pode deixar caer en saco roto: organizar os Xogos de Inverno de 2022. Xa que en España vai a haber dúas candidaturas (Jaca e Barcelona) e que compiten contra sedes moito máis preparadas para acoller un evento desta magnitude (Montreal, Quebec, as iankies, etc) que mellor que Compostela presente candidatura para ver se, deste xeito, "pillamos" algo de inversión do Estado. Onde caben dous caben tres....



É ben sabido que cando Barcelona organizou os Xogos de Verán, alá polo ano 1992, recibiu fortes inversións do Estado que a fixeron situarse todavía máis á cabeza do desenvolvemento en España. Por outra banda, Madrid non para de presentar a súa candidatura a ser sede olímpica e, ano tras ano, recibe importantes inversións para mellorar as súas infraestructuras, instalacións, etc; a pesares de que, polo momento, non "pillou cacho". Visto o visto o millor é que Compostela presente candidatura porque, aínda que non saiamos finalmente elixidos, ao millor o Estado se preocupa por dotar á cidade dunha parte desas infraestrucuras que levamos anos reclamando.

Seguro que os máis tiquismiquis diredes que nos falta neve (se pode mercar) e instalacións deportivas para levar a cabo o evento pero eu penso que aínda hai anos para montalas (ata o 2022 hai tempo) e que, ademais, o que hai que facer é presentar un proxecto ambicioso e espectacular (que logo se vai para adiante xa veremos como o levamos a cabo). Pódese, por exemplo, construir unha estructura móvil na Praza do Obradoiro para as competicións de patinaxe, crear a cidade olímpica para albergar aos deportistas no Monte do Gozo (que algo xa hai avanzado) e, ademais, temos a mellor pista de saltos de esquí que pode haber no mundo: a Cidade da Cultura. Pensadeo ben e dicídeme se a estrucura que os ensino na foto non é ideal para facer saltos de esquí (evidentemente cuberta de neve).

3 Respostas ata o de agora.

  1. Thomas Pullings dí:

    No que a min respecta, o do Xacobeo non é mais que unha broma macabra... Santiago de Compostela parece unha cidade en estado de sitio, con trincheiras e cráteres por moreas, algo moi apropiado para recibir esas moreas de visitantes ou, se veñen en mal plan, instalar ametralladoras nos accesos e defender a morte a cidade. Xuntóusenos a oleada de obras do Plan E coas pretensións faraónico-tuneladoras de Bugallo e o énfase de sempre en que cada vez que hai un xacobeo, o que urge e ter toda a cidade levantada para cando éste chegue. Non antes, non vaia ser...

    Iso fai que a por certo lamentable política de promoción do xacobeo levada a cabo pola xunta, na que nin sequera se menciona compostela, e que pon énfase en que os visitantes veñan a toda galiza e non só a Santiago, incluso teña certo sentido, porque realmente para o que hai que ver, case mellor que coman o pulpo en Melide, vaian de compras á Coruña ou a calquera dos festivais gastronómico-festivos que plagan a nosa comunidade.

    Así que dou o meu voto para as olimpiadas de inverno do 2022 en compostela. Non creo que por aquel entón estea rematada a pista de saltos, pero pouco quedará. Iso si, Fraga a inaugurará seguro, con pepiño blanco ó seu carón como presidente da xunta e Feijoo ó outro como presidente do goberno do estado. E o tunel de bugallo estará a piques de chegar a Cork, irlanda.

    E nos que o vexamos...

    Por certo, adycto, sigo sen fumar. Ó mellor por iso teño esta mala os--a latente...

  2. Adycto dí:

    totalmente de acordo coa visión do señor Pullings (sempre cargada de sentido común). O de Compostela non ten nome. PArece Saraxevo e, como dicías, so lle faltan as ametralladoras nas esquinas....o da megalomanía tuneladora de Bugallo é espectacular...pero creo que non vai chegar a Irlanda, o que creo e que quere facer un tunel para ver a final do Open deAustalia en directo....e ao paso que vai pouco lle faltará.

    PD: O de estar sen fumar, que me parece moi ben, sabes que é simplemente unha cuestión de tempo. Podes tardar tres meses, tres anos, tres lustros ou tres décadas pero sempre serás fumador (e sabes que o digo no bo sentido).
    Ánimo coa loita.

  3. Odesempre dí:

    xa botaba eu demenos que se falase en Xornal Aberto da CdC....pois paréceme unha boa solución a de que Compostela opte ás olimpiadas deinversno de 2022. Así daríamoslle uso ao armatoste (se de aquela aínda está en pe)

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -