Publicado por : Adycto 6 de novembro de 2009

Levo días sen escribir porque non dispoño de tempo e teño gañas de facelo. O tema do que quero falar é o da piratería en Somalia. Despois de revisar diversas informacións sobre o tema creo que, coma sempre, neste país temos o problema de que sempre formamos as nosas opinións sobre a máis inmediata actualidade e nos esquenzemos, na maior parte dos casos, da orixe dos conflictos. Por que os somalíes se converten en piratas? cal é a situación do seu país? como está a actuar nos últimos anos a comunidade internacional neste conflicto? por que están a pescar alí os nosos mariñeiros? Nada mellor para achegarnos un pouco mais ao tema, e respostar a todas estas importantes preguntas, que ler este artigo do analista de orixe somallí Mohamed Abshir Waldo, publicado no blog Erase una vez Niels H. Abel y Evariste Galois. Seguro que non podo escribir nada mellor e que vos axuda a ter unha visión con un pouco máis de sentido sobre o tema.
PD: Que as miñas opinións sobre a orixe do conflicto e sobre a situación que se está a vivir en Somalia non distorsionen o meu apoio total para cos mariñeiros retidos e as súas familias. Os mariñeiros en xeral son sempre a parte máis debil dunha cadea na que son, ademais, os que sempre arriscan e os que menos se benefician. Como galego, ademais, sinto sempre aos nosos mariñeiros como os irmáns que están fora para tratar de mellorar a situación dos que quedamos na casa. Ánimo!

9 Respostas ata o de agora.

  1. JLMejuto dí:

    En línea con lo que dices Público publicó, y no es redundancia para eso están los acentos,un magnífico artículo de Joaquim Sempere Profesor de Teoría Sociológica y Sociología Medioambiental de la Universidad de Barcelona, artículo que recomiendo leer en http://elcomentario.tv/reggio/los-verdaderos-piratas-de-joaquim-sempere-en-publico/25/10/2009/

  2. Anónimo dí:

    Gracias por recojer este clarificador artículo; ha sido tan oportuno como valiente dados los últimos acontecimientos.
    Unha aperta. María.

  3. Anónimo dí:

    por pescar en las costas de estos paises se pagan sumas millonarias, y se emplean a bordo marineros del pais donde se pesca. ahora que este dinero no llegue a su gente por que sus gobernantes son unos corruptos.sus unicos ingresos son estos millones y nuestra ayuda humanitaria, donde por cierto se lapida a la adultera, ojo con quien tratamos.
    el alakrana pescaba en aguas internacionales.
    es increible que cuatro negritos fumados y borrachos pueden reirse tanto de nosotros.

  4. emigrante dí:

    No hacía falta que el Alakrana estuviese en aguas internacionales para actuar dentro de la legalidad.
    Me parece recordar que las 188 millas siguientes (zona económica exclusiva) al "mar territorial" (12 millas) son para actividades económicas del país. Pero si dicho país no puede explotar los recursos (como enel caso de Somalia) otro país sí puede hacerlo. Lo que no sé es si tiene que ser un país limítrofe o puede ser cualquiera.
    De todos modos está claro que Somalia no puede realizar pesca de altura. Lo que había que hacer era proveer a Somalia de los medios necesarios para que se pueda desarrollar y que sean ellos los que pesquen. Pero me parece que se gastarían el dinero en otras cosas...

  5. Adycto dí:

    Querido emigrante, alédome de que entendeses o espíritu do que propón o artigo recomendado. Evidentemente a pirateería está mal e é repudiable e todo o que queramos pero hai que incidir na orixe do conflicto...no por que das cousas...en por que os somalies non pode explotar os seus recursos naturais e si é de recibo que os "paises desenvoltos" os explotemos mentres eles morren de fame.

  6. Xa, supoño que os medios de comunicación, coma moitos de nós, ficamos na superficie do problema real.
    Rapidamente podemos asignar a etiqueta de terrorista a uns rapaces (maiores de idade ou non) sen ver toda a cadea socioeconómica subxacente na que os elos mais fracos son os que sofren.

  7. Thomas Pullings dí:

    Parece mentira que sigamos con estes problemas chegado este século. Dende fai siglos é ben coñecido que o problema da piratería ten difícil solución se as medidas se toman no mar. Podes rexeitar dez ataques, pero o numero once vai ter éxito, e só con ese, ós piratas xa lles paga a pena. As medidas eficaces pasan por privar a esa xente de bases seguras dende onde operar, e aí é onde entra o problema que nos centra. A costa somalí é un caldo de cultivo destas actuacións porque a ausencia dun estado e dun goberno estable implica que non haia control sobre as augas xurisdiccionais, tanto de cara ós piratas que van en lancha, coma ós que van en barco de pesca, que todos sabemos que tamén os hai. E como ben dicides, se te privan do teu medio de vida tes que tomar medidas desesperadas.

    O malo é que realmente os cartos que poidan sacar os piratas dos seus ataques non repercuten na población, que segue no seu estado de necesidade extrema. Os piratas están organizados en mafias que se ramifican e incluso contan con despachos de avogados traballando para eles en londres. Coa gran tradición pirática dos ingleses, unida ó carácter pirático de todo avogado de éxito, xa temos un pirata por partida triple... Eses son os que se benefician dos ataques, e nin sequera teñen que se mollar para iso.

    Un saludo

  8. Anónimo dí:

    o barco dos U.S.A secuestrado saldouse cun pirata en New York, na cadea, posiblemente condeado a perpetua e o resto dos piratas mortos. as victimas todas na sua casa en poucos dias.
    o Alakrana saldouse con dous piratas 1 mes de vacacions en España e varios millons de euros para o resto, mentres a sua xente seguira a morrer de fame, e as victimas a sufri masi de 40 dias.

  9. Adycto dí:

    Xa sei que ler requiere moito tempo e ás veces non o temos pero eiquí non estamos a xukgar a actuación do goberno español...só tentamos dar unha visión máis profunda sobre o conflicto somalí. Estimado anónimo, se leras o artigo recomendado seguro que che dabas de conta de que hai "víctimas" que sofren máis de 40 días....e de que a solución non debe de ser só para este caso senón para todos os casos. Hai que ataxar os problemas na raigame.Unha aperta.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -