- Atrás »
- Curiosidades , España , política »
- POLÍTICOS HEREXES
Publicado por : Adycto
13 de novembro de 2009

Eu xa estaba a ver nesto de mostrarse favorable ao aborto a miña saída das listas da Igrexa Católica pola vía da excomunión pero o Camino, que de tonto non ten un pelo, matizou que para ser excomulgado hai que ser "cooperador directo e necesario nun aborto realizado". Outro tren que se me escapa.
Como non teño moito tempo para profundizar no tema, e tampouco moitas gañas de facer de altofalante da Igrexa, só unha cuestión para os nosos avezados lectores. Significan as palabras de Martínez Camino que a Igrexa vaille retirar a posibilidade de comulgar ao Rei de España por promulgar a Lei do Aborto? Será este o comezo da separación entre Igrexa e Coroa?
No veremos excomulgado al Borbón, puede emplear el truco, sin patentar, que empleó el rey Balduíno de Belgica: "Debido a sus convicciones católicas, renunció a sus funciones como jefe de Estado entre el 4 y 5 de mayo de 1990 a causa de su oposición a la ley que amplió los supuestos legales del aborto, y evitar así tener que sancionarla". (fuente http://es.wikipedia.org/wiki/Balduino_de_Belgica)
Claro está, el día 6 de mayo volvió a ceñirse la corona, ¡no iba a dejar el chollo!
que interesante dato Mejuto....por soñar que no quede! Eso sí, el Borbón no creo que se atreva ni a eso porque, de atreverse, igual le intentaban mover la silla en los dos días de "ausencia"....que esto es España
A min paréceme lamentable que se ameaca coa excomulgación por quitarrle a vida a alguén que nin sequera naceu, mentras que fai alghuns anos, con eso da guerra de Iraq ninguén falaba do "No matarás", sondo, o mellor unha das razóns de ese silencio episcopal que as vidas que se quitaban eran as de moros infieis.
seguro que a orixe dos "non nacidos" ou dos mortos ten moito que ver coas posicións da Igrexa ao respecto.
Xa tardaban estes en ameazar cos tormentos do inferno a quen se opoña ós seus preceptos... o sorprendente é que non o fixeran antes. Iso sí, gostaríame que esta vez levasen a cabo as súas ameazas, porque a todo isto a igrexa é ben coñecida por non deixar que ninguén se de de baixa unha vez apuntado sen que ti puideras decir nada (bautizado), así que non creo que agora empecen a excomulgar á xente así como así. Ademáis... cómo se articula iso? mediante denuncia previa? que me denuncien, por favor... Iso sí, habería que ver se excomulgan tamén a tódalas "familias ben" que ó longo destes anos fixeron viaxes a londres moi sospeitosos para se desfacer de determinados "problemiñas" da súa filla adolescente...
Nunca me cansarei de dicir que en todo este debate do aborto o que hai e unha enorme dose de hipocresía...
Saúdos.
enorme é pouco...aínda que postos soñar xa molaba que excomulgaran ao Rei por promulgar a lei de marras....