Publicado por : Adycto 19 de novembro de 2009


Dende neno sempre me chamaron moito a atención aqueles que eran capaces de facer cousas que, a prioiri, todos deberiamos poder pero que, na realidade, quedan lonxe das nosas capacidades. Hai exemplos a barullo. Chamábanme a atención os pintores (en principio todos debemos saber debuxar aínda que logo non é así), os escritores, a xente mañosa, aquela que non tiñan problemas para orientarse, etc, etc. Entre toda esta xente sempre me cautivaron especialmente os debuxantes gráficos e, moito máis, aqueles que cada día aportan a súa visión da realidade cunha viñeta nos xornais. Moitas veces pasan inadvertidos para o gran público pero o seu análise da realidade soe ser tan sesudo como o do mellor analista e, ademais de ser moito máis conciso, na maioría dos casos provócanche un sorriso que che alegra o día. Como moitos galegos crecín na casa coa Voz de Galicia na cómoda e, polo tanto, levo tempo admirando o traballo que fan Pinto & Chinto, a parella de humoristas gráficos da Voz. Soen ser todas moi boas pero a dehoxe, como poderedes comprobar, é excelente.
PD: Para ver a viñeta ben, premede sobre ela.

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    Que razón tes...Uns cracks.....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -