Publicado por : Adycto 9 de outubro de 2009



O presidente dos EE UU, Barack Obama, obtido hai un rato o premio Nobel da Paz. Obama (ou El Bama, como di Paco Vázquez) impúxose a 205 candidatos, entre os que estaban o ex presidente dos EE UU Bill Clinton, Nicolas Sarkozy (Super Sarko), Bono (o presidente do parlamento non, o outo) e o presidente italiano Silvio Berlusconi, (non deixedes de premer no enlace de silvio). O xurado destacou os seus "extraordinarios esforzos" para reforzar a diplomacia e a cooperación entre os pobos, así como a súa aposta por un "mundo sen armas nucleares" e o seu interese por traballar en favor da paz no mundo. Para o xurado, o presidente dos Estados Unidos creou un "clima novo para a política internacional. Grazas aos seus esforzos, a diplomacia multilateral recuperou a súa posición central e teñe devolto ás Nacións Unidas e a outras institucións internacionais o seu papel protagonista", sinalou o Instituto. Tamén apuntaron os suecos que "grazas á iniciativa de Obama, Estados Unidos está desempeñando un papel máis constructivo para facer fronte aos retos do cambio climático".

Non sei se todo isto é simplemente un intento do Instituto sueco por tratar de darlle un pouco de pulo a un premio que, nos últimos anos, está perdendo interese para a sociedade pero, en todo caso, non sei se conseguirán o que pretenden. O xeito no que se presentan as candidaturas ao Nobel da Paz xa di moito do sentido destes galardóns. De feito, a presentación de candidaturas está moi limitada e so se lles permite presentalas a anteriores gañadores do premio, a Gobernos, Parlamentos, institucións científicas e a outros organismos vencellados ao Comité Nobel. Todo moi democrático.

Non é que sexa eu dos que vai a rachar a camisa porque lle deran o Nobel a El Bama, por min como se llo dan a Bush, pero pensando no preto de 1 millón de euros que lle outorgan ao gañador considero que hai persoas como Vicente Ferrer e a súa Fundación, por exemplo, que, ademais de merecelo moito máis, farían unha interesantísima labor con eses cartos (que non dubido de que Obama non o vaia a facer tamén, seguro que os dona a unha ONG). Pero claro, Vicente Ferrer e a súa fundación non estaban propostos entre os candidatos. Seguro que a ningún goberno (ao español, por exemplo) se lle ocorríu presentalo aos premios. En cambio para que Madrid sexa cidade olímpica todos temos que arrimar o corpo. En este país....(que diría Larra).
PD: Creo que non fai falla identificar ao autor da viñeta que ilustra este post pero, para protexerme de futuras accións legais na miña contra, os comento: É de Forges.

2 Respostas ata o de agora.

  1. Parafraseando a un escritor nado na Galiza: o Nóbel está suficientemente cuberto de merda como para non querelo.

  2. Anónimo dí:

    Dear Author xornalaberto.blogspot.com !
    Completely I share your opinion. In it something is also I think, what is it good idea.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -