Publicado por : Adycto 20 de xullo de 2009

A pesares do que poida parecer non estou morto. Sigo preocupado polas cousas que pasan no mundo e no meu entorno pero as miñas obligacións laborais non me deixan tempo a nada. Ademais diso, estamos en época do Tour e eu son dos poucos que aínda quedan que non perdoa por nada do mundo as etapas da fin de semana (as do medio da semán aínda que estou currando as "malvexo" en internet) co cal non teño tempo para escribir nin tres liñas. Aínda que sei que isto non son mais que excusas e que "excusatio non petita..." prometo que en breve voltaremos a actualizar Xornal Aberto como se merece. De feito, a partires do mes de agosto (no que vou a ter unhas medio-vacacións) espero poder actualizar a diario porque quedáronme moitos temas atrás. O dito, que sigo vivo pero con gañas de continuar así que ata pronto.

PD: Deixo un video de Contador estupendo no que se pode ver como o Amstrong sofre do lindo. Que se dedique a facer rutas do románico a fin de semana que xa ten case que 38 anos e levaba tres retirado. O Tour non perdoa!!


Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -