Publicado por : Adycto 7 de maio de 2009


Durante estes días chegoume un correo electrónico no que se plantexaban unha serie de dúbidas sobre a orixe da "pandemia" que estes días ocupou boa parte dos medios de comunicación do mundo. É o inicio da teoría da conspiración porcina (o debuxo saqueino do blog: http://absencito.blogspot.com/) Tras ler o correo e, despois de analizalo, paso a deixarvos no blog o máis destacado do mesmo que, a verdade, dá que pensar.
O pasado 2 de abril durante a reunión d0 grupo d0 G7 integrado por EU, R. Unido, Canadá, Alemaña, Italia e Xapón acadáronse 2 conclusións fundamentais: 1) A economía mundial necesitaba un cambio e 2) O FMI. destinaría 500,000 millóns de dólares para axudar ás economías emerxentes.

Días máis tarde tivo lugar unha a reunión privada entre o presidente Obama e Felipe Calderón (o presidente de México), concretamente os días 16 e 17 de abril. Sorpresivamente, o xoves 23 de abril o presidente de México convocou unha reunión de emerxencia co seu gabinete e, pola noite, o secretario de saúde José Ángel Córdoba Villalobos anunciaba en cadea nacional a aparición do virus da influenza porcina, e as medidas inmediatas como a suspensión das clases a todos os niveis no país.


O 24 de abril o G7 afirma que a economía mundial debería poñerse en marcha este ano e que se tomarían todas as accións necesarias para que así fora. Finalmente, o luns 27 de abril a empresa farmacéutica Sanofi Aventis anuncia que “inxectará” 100 millóns de euros nunha nova planta de vacinas e que donaría 236,000 doses a México como apoio ao control da enfermidade.

Con estes datos na mán esta é a reflexión:

Dende hai máis de 2 anos a industria farmacéutica a nivel mundial tiña problemas financieiros pola baixa na venda de medicamentos. México é o perfecto trampolín para lanzar a enfermidade, xa que dende o país sairían turistas a diferentes partes do mundo. Curiosamente os países que reportan enfermos que estiveron en México, e que están reforzando de xeito contundente o seu cerco sanitario, son os países que integran o G7.
Ponte a pensar de que se estivo a falar estes días a nivel internacional, do virus ou da crise financieira? Ademais hai que pensar noutras cousas como: Se realmente é tan contagioso o virus, como e onde están as familias dos mortos? Se a influenza porcina é unha mutación do virus orixinal dos porcos, entonces o brote da infección debería comenzar no campo e non nas cidades. Por que non saíron entrevistas cos enfermos?


2 Respostas ata o de agora.

  1. JLMejuto dí:

    Desde que escuché la primera voz de alarma sobre esta gripe me quedé perplejo.
    Normalmente reacciono con escepticismo ante los alarmismos, y parece que el tiempo me da la razón.
    Resulta que España es el país europeo con mayor número de afectados, pero todos pa-san su calvario “tranquilamente” en casa. Extrapolando esto ocurre en el resto del plane-ta. Se diría que esta gripe es una cortina de humo para tapar otros problemas o sugieres, para beneficiar a las grandes compañías farmacéuticas ¡Vaya subida en las bolsas que han experimentado sus acciones!

  2. Adycto dí:

    eu creo que é unha mistura de ambas cousas: por un lado beneficia evidentemente a un sector que o precisaba e, ao tempo, foi unha efectiva cortina de fume (aínda que pouco durou). Agora ben, o de non ver ningunha entrevista cun enfermo, ou o que ti dis de que os enfermos españois pasan a gripe na casa é incrible....en México morren e aquí non quedan nin hospitalizados....algo cheira mal!

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -