Publicado por : Adycto
8 de maio de 2009
Mañán sábado, dende primeira hora da mañán, o Barrio de San Pedro inicia a súa xa tradicional Feira da Primavera, unha feria de artesanía organizada pola Asociación de Comerciantes do Barrio que contará ademais con diferentes actividades lúdicas e culturais.A feira durará todo o día e, ademais de poder divertirse coas moitas e diversas actividades que haberá, os veciños e composteláns en xeral que se acheguen ata ela poderán desfrutar da sensación de pasear tranquilamente por esta emblématica rúa compostelá que, dende primeira hora da mañán, permanecerá cortada ao tráfico e con uso unicamente peonil.
Durante toda a xornada poderase pasear pola rúa; facer compras nos máis de 70 postos que haberá montados; comer, tapear e beber nos excelentes locais hostelerios da zona; divertirse cos amigos; desfrutar da música, etc, etc. Entre os moitos postos que haberá este ano hai que destacar o de comida uruguaya (unha novidade deste ano), o xa clásico de Como Pez en el Agua (a tenda de artesenía ubicada na propia rúa) e tamén un posto no que se poderán mercar avalorios e collares directamente traídos de terras cubanas. Tamén haberá posto de "mojitos" e moitas sorpresas que só acudindo ata o Barrio de San Pedro poderedes descubrir...Aquí os deixo un programa de actividades do día.
Publicar un comentario