Publicado por : Adycto
26 de maio de 2009
Non vai ser o excelente post prometido con motivo das 500 entradas de Xornal Aberto pero é o que me sae do corazón. Hoxe o ministro de Fomento, Pepiño Blanco, anunciou que a vía de Alta Velocidade galega vai sufrir un novo cambio no seu trazado: vai a pasar por Lugo. Non é que me pareza mal que a capital lucense quede incluida no novo trazado do AVE deseñado por Pepiño, faltaría máis, senón que me parece unha mostra máis do "chorreo" a que nos están a someter aos galegos co tema do tren de alta velocidade. Xa non me lembro dende cando os sucesivos gobernos galegos levan dicíndolle aos seus cidadáns que en pouco tempo todos poderemos viaxar en alta velocidade pero o que creo é que, de aquí a que chegue o AVE a Galiza, en Cataluña seguro que se teletransportan.
Imos pois a facer un percorrido pola hemeroteca da Voz para tratar de lembrarlle aos nosos lectores o cúmulo de mentiras que nos contaron os nosos políticos, nestes últimos 10 anos. A realidade é que, en outubro de 2000, o entón conselleiro de fomento galego, o desaparecido Cuiña Crespo, falaba, tras unha reunión co secretario de Estado de Infraestructuras en Madrid, de que "cumpriranse os prazos" que din que no 2006 Madrid estará unido coas cidades galegas polo AVE. Un par de meses despois, Cuiña dicía que antes do 2007 os galegos terían AVE e, en marzo de 2001 a Xunta, a través do seu secretario xeral de Transportes afirmaba que "o AVE chegará a Ferrol en 2007". Uns meses despois, concretamente o 26 de abril de 2001, Fraga "cedía ante Fomento" é resignábase a que a conexión coa Meseta chegara no 2010, aínda que a conexión Oporto-Vigo-Coruña chegara en 2007. Cara finais do ano 2001 as cousas xa non estaban tan claras e empezaron a escoitarse voces discordantes. Así, en setembro de 2001, a Voz falaba de que "seis comunidades autónomas recibirían máis inversión que Galiza para o AVE" e os socialistas, a través do deputado Guillermo Hernández, afirmaban que o AVE entraría tarde en servicio "probablemente a partir de 2008" (jejeje). En outubro de 2001, Cascos xa falaba do "horizonte do 2010" para o AVE galego (jejeje).
O ano 2002 comezou co compromiso de Fomento de ter listo para finais do ano o "trazado exacto do futuro AVE galego" e, mentres tanto, a Xunta de Manuel Fraga reuníase con uns e con outros para tratar de consensuar o trazado (o maldito localismo galego). Mentres, o que despois sería presidente da Xunta, o señor Touriño, afirmaba que Galiza tería "o AVE máis lento e barato de España" (como se el fisexe algo despois). Este ano 2002 foi pois o ano das disputas entre as cidades galegas polo trazado pero tamén o ano das propostas máis inverosímiles como a de que "o AVE podería alimentarse de enerxía eólica". E, de súpeto, chegou o Prestiege e Galiza cambiou de conselleiro de Fomento (Nuñez Feijoo sustituiu a Cuiña) e o goberno Aznar invetou o Plan Galicia, co que pouco menos que íamos ter AVE a todos os lados e en 5 anos.
O ano 2003 comezou pois coa celebración dun Consello de Ministros na cidade de A Coruña e as promesas populares eleváronse ata o infinito e mais aló. O Goberno de Aznar creou o Plan Galicia e, dentro dese plan, o AVE sería a estrela. Así, Madrid comprometíase a que Galiza tivese un "AVE auténtico ata Madrid e outro de salida para Europa" e, aínda que non concretaba datas falaba de axilizar as obras e do "horizonte 2010". E parece que a maioría creuse a historia. Polo menos Nuñez Feijoo que, por aquel entonces, afirmaba que "o aval de Aznar garantiza o AVE".
En marzo de 2003, Casos e Fraga colocaban as primeiras travesas do AVE en Ordes e Barro e en abril dese mesmo ano, o actual presidente da Xunta afirmaba que as actuacións do Plan Galicia ían con 3 meses de adianto e que no 2010 estaría realizada a conexión coa meseta. Corina, sempre tan especial ela, afirmaba, en maio dese mesmo ano, que a súa proposta contemplaba a "entrada en Vigo do AVE baixo terra". Pero a pesar de todo, Fraga e os seus seguían inaugurando tramos de vía. Así, en xullo de 2003, Fraga, Cascos e Madiano inauguraron 10 Kms de vía do AVE. A todo esto, os galegos concedémoslle a Cascos a Medalla de Ouro de Galicia (a pesares de ser un dos responsables políticos da traxedia do Prestiege) e Fraga afirmou fachendoso ante a crítica dos socialistas que "algúns se van a tragar algo máis que unha medalla".
O alcalde de Santiago, o señor Bugallo, tamén foi dos que creu todo isto e chegou a afirmar que o AVE estaría na capital galega en 2007 mentres os veciños de Ferrol, pobres deles, estaban preocupados polo ruido que ía ocasionar a chegada do AVE á cidade. Cara final de ano, sen embargo, chegaba outra decepción: Fomento descartaba rematar o Eixo Atlántico do AVE antes de 2007 (jejeje).
No seguinte post lembraremos as mentiras do AVE dende 2004 ata 2008. Estade atentos.
PD: A foto que ilustra este post está recollida da web: www.vialibre-ffe.com
Moi bo... pois semella que se os galegos queremos viaxar en AVE a unica opción que nos queda é a de emigrar a Catalunya...
La culpa de todo la tienen los moros. El 11-M fue para cortar el plan Galicia al cambiar el gobierno. Así nos tienen más aislados y nos pueden invadir mejor otra vez. :)
non sei de quen é a culpa de todo este sin dios (bueno si) pero o que si sei é que o tan cacarexado AVE non é a solución para superar os problemas de comunicación de Galiza coa mesesta e moito menos de Galiza entre sí...seguiremos informando
Adycto esto me suena al temazo "Unha navallada"... Gran éxito musical de algún cantamañanas, perdón, cantante, de finales de '70.
Está claro que la sempiterna incomunicación de Galicia no se va a resolver con un Ave, ni con dos. Pero, coño, ayudará digo yo.
Así como la A9 no es que nos sacara del ostracismo de las mierdicarreteras en el que vivíamos, y vivimos, pero nos hizo la vida mucho más fácil (por lo menos en el eje atlántico).
Lo que sí que es una putada es lo del precio. Así como "nuestra" autopista no es de las más baratas, el Ave tampoco lo será. Así que no nos animemos tampoco mucho con el tema, que volar siempre será más barato, más incómodo pero más barato.
Kisses.
Eu non digo que o AVE sexa malo digo que non é a solución máis acertada que hai opcións mellores. Ademais, falamos como se o AVE xa estivese medio feito e nada de nada. De feito, a orixe deste post é demostrar como se foron incumplindo prazos permanenteme....seguiremos
¿Cuál creéis que sería la mejor opción o la menos mala para el tema de la falta de comunicaciones?
Kisses.
Eu son dos que pensa que o tren é un medio de comunicación moi válido para mellorar o tema das comunicación en Galiza pero non a través do AVE senón dun tren axeitado ás condicións orográficas galegas e pensado para nos. Pro exemplo, poñer dobre vía na actual liña de trens (así como conectar con esta doble vía Lugo, Ourense, etc) sería unha solución moito mellor. Por outra banda son dos que pensa que a liberización da AP-9 tamén melloraría. Por certo, terías que ver a nova variante de Caldads (Por fin). Agora podes ir por estrada de Pontevedra a Santiago SEN PASAR POLO CENTRO DE CALDAS...Milagro!!!
No me jodas!!! Ya no hay que pasar por Caldas??? Eso sí me parece una solución a un problema. Yo ahora ya me conformaría con una variante en Milladoiro o Padrón, te dejo escoger, y ya estaría de P.M.
El tema de la doble vía y la mejora en el actual trazado es algo que siempre todos veíamos como el elemento a mejorar. Hoy en día prefiero un buen tren en Galicia y no un AVE; ya que lo que soluciona este ya lo hace el avioncito. Tema aparte es el de tener tres aeropuertos en Galicia...
Kisses
con respecto a los aeropuertos estoy de acuerdo contigo emigrante. El que Galicia tenga 3 resulta algo surrealista en contraste con el asunto del AVE. Ello es una clara muestra de la concupiscencia y la entropía de las acciones llevadas a cabo por el ministerio de fomento hacia nuestra comunidad; aunque mirándolo todo objetivamente es evidente que el gobierno central está "de vacile", porque me cuesta creer que sea tan incompetente. Saludos a todos y enhorabuena a adycto" por tener este blog tan fetén de la fetenón.