Publicado por : Adycto 13 de marzo de 2009


Non podemos decir que Quintana presentara hoxe a súa demisión como portavoz nacional do BNG pero, en certo modo, sí podemos dicir que o que fixo foi anunciar que, o vindeiro sábado, dentro do marco do Consello Nacional do partido, deixará de ser o "número un" do Bloque. O Xornal de Galicia publicou hoxe a que foi a primeira entrevista a Anxo Quintana tras as eleccións do pasado 1 de marzo.Nela Quin fala de que "non se ve protagonizando o futuro do BNG" ou de que "nunca vou ser un problema para o BNG, sempre entendín a miña participación na política como a achega persoal a un proxecto colectivo, e eu creo que neste momento o que é máis importante é o proxecto colectivo, o propio BNG, por diante das apetencias persoais que cada un poidamos ter". Recoméndolle a todo o mundo ler a entrevista porque, independentemente da nosa opción política, creo que Quin fala con claridade sobre todo o que ten que ver co PP, co idioma, coa campaña, co PSOE e, inclusive, co BNG. Ao millor faltoulle falar sobre os "escándalos" que protagonizou durante a campaña, para tratar de aclaralos definitivamente pero, en todo caso, di cousas que fan pensar nun Consello Nacional máis que movido o vindeiro sábado. A modo de exemplo o estracto: "o que parece lóxico é que nesta nova etapa non poden protagonizar o BNG do século XXI os que tiveron tamén a responsabilidade de protagonizar o nacionalismo do ano 77 ou do ano 79. Iso non sucede en ningunha forza política democrática do Estado. Quizáis xa se debeu facer esa transición cando eu accedín á portavocía, pero non foi posible. Agora estamos nun bo momento para facela". Casi nada ao aparato.................
A imaxe saqueina do propio Xornal de Galicia.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -