Publicado por : Adycto 4 de marzo de 2009


Cando hai un cambio do partido (ou partidos) no poder, unha das cousas que máis gusta aos xornalistas, politólogos, "entendidos de bar", líderes de opinión, amigos de amigos, etc, etc é facer quinielas sobre cales serán os nomes dos que pronto ocuparán a poltrona. En Xornal Aberto, como non podía ser doutro xeito, estamos a preparar a nosa propia quiniela pero, como xa sabedes que ultimamente algo escaso de tempo para escribir, dediquei os dous ultimos días a facer unhas sondaxes entre os meus contactos "populares" para tratar de achegarme o mais posible. Deste xeito, mañán mesmo vou adiantar cinco nomes dos que, dende Xornal Aberto, consideramos que serán conselleiros nunhas semáns. Máis adiante darei outros cinco para poder completar as 10 Consellerías ás que Feij009 quere reducir o seu goberno e, cando os días pasen, veremos cantos acertos temos. Nos que adiantarei mañán, que son os evidentes, seguro que non erramos nin unha coma pero nos outros xa veremos. Iso, que non teño máis tempo, mañán os primeiros cinco nesta entrega de: "Quinielas Conselleiriles" (esto último hai que lelo pensando na voz que dobra os programas de "Friker" Jiménez).

2 Respostas ata o de agora.

  1. Boa idea. Agardo a primeira entrega das quinielas con impaciencia. Aperta.

  2. Adycto dí:

    É o bonito de especular...

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -