Publicado por : Adycto 2 de marzo de 2009


Antes de nada debo dicir que o PPdG e o seu candidato á Xunta de Galiza, o señor Alberto Núñez Feijóo, gañaron as elección con absoluto merecimento. A participación cidadán nestes comicios foi a máis alta da historia do país, cun 70,46%, e os votantes falaron ben claro: máis do 47% dos mesmos déronlle o seu apoio ao candidato popular acadando o seu partido os 39 escanos (un máis dos que necesitaba para chegar á marioría absoluta). Pola súa parte, o Partido dos Socialista de Galicia, encabezado polo xa "dimitido" señor Touriño ("Smallbull" para os amigos) perdeu máis de 78.000 votos, pasando dos 555.603 que obtuvo en 2005 aos actuais 482.579. A outra pata do Bipartito, o BNG, perdeu preto de 44.000 apoios pasando dos 311.954 votos en 2005 aos actuais 267.248. Ademais das perdas de votos das dúas forzas que conformaban o bipartito hai que salientar que o candidato popular non só gañou con claridade nas furnas senón que, ademais, foi capaz de superar os apoios obtidos polo señor Fraga nos comicios de 2005. De feito, superouno en algo máis de 3.000 votos.

Con estes datos na man pouco máis hai que dicir. En todo caso que esta derrota creo que é a primeira en todo o estado dun partido (neste caso coalición) no goberno tras só 4 anos de exercer o poder. Creo, como dicía, que nunca antes un goberno perdera o apoio popular en tan só catro anos. Os motivos desta perda de apoios, ademais do sempiterno carácter "dereitista" dos galegos e da boa campaña desenvolta polo PPdG, hai que buscalos nunha xestión bastante deficente durante os últimos tres anos e medio dos partidos no poder. No 2005 ambos partidos prometeron aos cidadáns cambios e progreso e, exceptuando algunhas medidas adoptadas pola ala nacionalista do goberno, estes cambios apenas foron visibles para os cidadáns que, ante este panorama, decidiron voltar ao "coñecido". Esta "volta ao pasado" (aínda que con algunha cara nova) foi unha decisión ben clara do electorado que, ademais, converteu a UPyD na carta forza política da comunidade cun respaldo popular de máis de 23.000 votos.

A perda de apoios tanto do PSdG como do BNG son un claro toque de atención dos seus potenciais electores que deberá ser estudiado con detenimento polos seus líderes. Tempo terán para elo porque a estancia do PPdG na Xunta creo que vai a ser máis prolongada do que tanto Touriño como Quintana estiveron en San Caetano. No caso de Touriño parece claro que nunca máis "tocará moqueta" e no caso de Quintana, aínda que todavía no cargo, dubido moito que volte a ocupar un despacho en San Caetano.

Veremos a ver con que pé empeza Feijóo na Xunta. Polo de pronto parece que na súa toma de posesión voltarán a soar as gaitas de xeito masivo no Obradoiro....

5 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Para mí esto es un claro castigo a la unión el Psoe con el Bloque. Al final la prepotencia y los malos modos pudieron con los nacionalistas.
    Hay matrimonios que es mejor no repetir.

    Kisses.

  2. Anónimo dí:

    Vaia fiasco. Creo que o bipartito confiouse en exceso, e cando se deu conta de que realmente podía perder as eleccións xa foi tarde. Pronto se lles esquenceu que estaban en san caetano por menos de dez mil votos, que en Galicia son ben poucos.

    Polo resto, reafirmarme no que dixen noutro comentario. O bipartito non soubo capitalizar ou vender os seus acertos, que os tivo, e sen embargo cometeu moitos erros de bulto, e iso na ultraconservadora Galicia ten o seu custo. Touriño levounas por todas partes, empezando pola campaña pseudoridícula que fixo. Xa os lemas electorais do principio eran francamente risibles e o son máis vistos en retrospectiva: "O Presidente" (léase "O Ex presidente"); "Dálle máis forza" (léase "Dálle máis forte, ó lado da foto de touriño); "Agora non podemos parar", e tantos outros lemas que non pasarán precisamente á historia e que non fixeron nada por mellorar a imaxe de home sen esprito que xa tiña touriño. De Quintana, mellor nin falar. Estivo mellor que Touriño (tampouco é que sexa moi difícil) pero francamente creo que a campaña lle quedou moi grande, como creo que lle quedou moi grande a súa vicepresidencia. Creo que o Nacionalismo Galego ben merece outro lider, e habelos hainos. Feijoo, sen embargo, botou o resto, e fixo unha gran campaña. Aí temos o resultado, como ben reflicte adycto. Derrota sen paliativos, nada que dicir. Non é do meu agrado, pero esta vez hai que dicir que no grande mercado que son as campañas, esta vez sí que gañou o mellor, ou o que mellor o fixo.

    é unha mágoa.

  3. Anónimo dí:

    pois agora un decenio de feijoo!! a ver se así aprendemos...

  4. Adycto dí:

    amigo emigrante. Senón se fan certos tipos de matrimonios é imposible cambiar as cousas. Foi o mal menor pero, a verdade, o de Touriño non tivo perdón de Dios. Vale que o Bloque o podería facer mellor e todos podemos criticarlle cousas (porque as fixo) pero, que lle podemos criticar a Toruiño (gastos aparte)? Nada!!! Porque non fixo nada!!

  5. Anónimo dí:

    No sé como sería la campaña que realizaron los toritos por ahí. La que yo viví en la diáspora fue cuanto menos sorprendente y a mi buen entender nefasta.No entiendo cómo la máxima responsable del psoe para la emigración se dedicó a elogiar a Fraga y a criticar duramente a sus socios de gobierno. Así no hacía falta que viniera nadie del pepe, le hicieron la campaña.
    Si la única posibilidad de gobernar pasa por casarse con los nacionalistas pues no se puede tratar de quitarle votos. Esos votos tendrían que venir de los que votan a los hijos de Fraguel.
    Tchau

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -