Publicado por : Adycto 6 de marzo de 2009






E agora chega o momento de apostar polos outros cinco conselleiros do que será o novo goberno galego de Feij009. Eiquí as cousas son un pouco máis complicadas xa que non están tan claras. Parece evidente, pola inestimable cuestión territorial, que alomenos dous destes conselleiros teñen que ser das provincias de Lugo e Ourense pero, a partires de ahí, todo o demais son apostas (xa veremos se acertadas ou erradas). Ademais eu son dos que pensa que Feij009 ten na recámara un nome de relumbrón (posiblemente no apartado empresarial) que seguro que nos vai sorprender a todos e que vai a centrar os focos da atención mediática...Pero deixémonos de lerias e imos coa quiniela:

No tema da cuota ourensana as cousas parecen disputarse entre un par de candidatos principais entre os que, dende Xornal Aberto, apostamos por Enrique Novoa "Poly". Este home, empresario, voceiro do grupo municipal do Partido Popular e presidente da xunta local de Ourense do Partido Popular, foi xa vicepresidente primeiro da Deputación Provincial de Ourense, e é unha clara aporta para ocupar a Consellería de Medio Rural (se queredes chamádelle agricultura), cargo moi vencellado historicamente a conselleiros desta provincia. A outra opción ourensana, pola que como digo non aposta Xornal Aberto, é a de Rosendo Luis Fernádez Fernádez (Fernádez ao cadrado) un home cunha formación máis que axeitada para ser conselleiro de Sanidade ( licenciado en Medicina e Ciruxía, diplomado en Sanidade, Master en Xestión Sanitaria, directivo diplomado da Xunta, etc) pero, que queredes que os diga, non me da "feeling".

Canto á cuota lucense as cousas están pouco claras pero, atendendo ao número de mulleres que polo de agora puxen na miña quiniela, parece claro que a candidata é Susana López Abella unha aposta forte por unha muller licenciada en Dereito e Empresariais que, a pesares de ir no número cinco das listas na provincia, ten moito peso no Partido Popular desta provincia galega. Din dela que é dura e ten experiencia parlamentaria abondo para poder optar a unha Consellería no novo goberno de Feij009. É unha aposta arriscada pero que dende Xornal Aberto facemos con rotundidade.

Agora toca outro dos que considero "fixos". Trátase de Pedro Arias, número dous da lista popular na Coruña e profesor de Teoría Económica na Facultade de Económicas da USC, é unha aposta evidente para ocupar a carteira do ramo na Xunta. Aínda que nunha recente entrevista na Voz de Galicia afirmaba que Feij009 non lle prometera ningún cargo en caso de ser elixido presidente eu creo que a cousa está máis que feita. Ademais, hai que recordar que este home non ten carnet do PP e, como todos sabemos a estas alturas, Feij009 dixo que algún conselleiro non tería o carnet popular. A cousa parece clara.

Quedan dous. Unha parece evidente. Vai agochadiña nas listas (era a número dez na provincia da Coruña) pero as súas credencias son máis que boas para ser conselleira de Pesca. Trátase de Rosa María Quintana (non confundir con Ana Rosa Quintana). Esta muller, licenciada en Ciencias Biolóxicas e doutorada en Bioloxía pola USC, estivo dende o ano 1997 e ata o 2005 ocupando diferentes cargos dentro da Consellería de Pesca dos gobernos Fraga, entre eles o de directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Ten 59 anos, experiencia no sector e, segundo contan, gran capacidade de iniciativa así que...xa temos conselleira de Pesca!

Para o final outra aposta arriscada pero esa xa virá mañán...e ademais acompañada doutros candidatos que soan por todas partes pero cos que, en Xornal Aberto, non contamos para "coller carteira"....Pero iso xa será mañán.

3 Respostas ata o de agora.

  1. Está ben a quiniela. Ou moi ben. Parabéns. Contaremos os acertos. Unha proposta: chamémoslle variantes ós non afiliados, agás Pedro Arias, que é un X. E dou un nome para un alto cargo: Mar, a responsable de prensa do PP. Foi unha persoa moi próxima ó presidente electo duranto os anos duros, moi leal, e moi currante. Hai tres opcións para ela: unha hipotética Consellería de Comunicación, a secretaría xeral do ramo se se mantivese a actual estructura, ou quedar no partido pero con posto no consello de administración da TVG.
    Unha aperta Caribe.

  2. Adycto dí:

    Paréceme perfecto o de "variante".É moi bo. Canto o de Mar parece evidente que vai a ter cargo (fixo un bo trababllo e ademais máis que próxima a Feij009) pero non creo que haxa unha Consellería de Comunicación polo afán reductor de Feij009 que prometeu deixar en 10 as Consellerías. Ademais hai que contar que Varela (actualmente no Parlamento) tamén ten moito que dicir para o cargo e inclusive hai que fala de Chinny (a moza de Feij009) que como todos sabemos estivo moito tempo como corresponsal en Madrid (aínda que eu descarto esto totalmente). Creo que Mar será a elixida pero non como conselleira....

  3. pinchinho dí:

    Parabéns...
    Como estudiante de Administración de Empresas e un dos inumerables alumnos que sufriron as clases do señor Arias simplemente gustaríame rebatir algunhas opinions sobre él.
    Defínese e defíneno independente, e que non ten carnet do partido, pero os que asistimas as suas claees de Micro e Macroeconomia e despois Teoria Economica aprendimos pouco de economía e moito do ideario politico do PP, sea directa ou indirectamente, a través de preguntas retoricas ou monologos sobre o neoconservadorismo do goberno aznarista. En sesenta minutos de clase o señor Arias encadraba 45 minutos de lavado de cerebro ou redaccion sobre a bondade no PP, 5 minutos en prenderlle lume a súa pipa e 10 minutos de tematica de teoria economica - que era o que nos preguntaba en clase - e se se daba o caso de que non lle daba tempo, remítianos a biblioteca para completar a leccion do dia.
    Eso levaba consigo de que os alumnos de Arias, en sucesivos cursos notaban que non tiñan as bases minimas, ainda que aprobaran con Arias, para Micro ou Macro II...
    Enfin, coñecendo a tenendcia politica da maioria do departamento de Teoria Economica, ainda que non gañara quen eles quixeron, simplemente felicitalos que se libraran dunha persoa que ostaculizaba mais a ensinanza de conceptos claves e basicos para que poidan agora buscarlle un sustituto que realmente ensine o que lles pide o programa da materia.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -