Publicado por : Adycto 4 de febreiro de 2009


Levo días sen escribir porque ando atarexado de máis estes días. Ainda así fago "propósito de enmenda" e comprométome a voltar a escribir de xeito diario dende hoxe mesmo. Digo o do "propósito de enmenda" porque hoxe, como non podía ser doutro xeito, vou falar da "visita privada" realizada polo número dous da Igrexa Católica, o señor Bertone (que por certo parece o nome dun capo da Cosa Nostra) e da actitude do goberno de ZP ante esta visita. Para empezar, como dicía anteriormente, o número dous da Igrexa veu en visita privada pero, aínda así, foi recibido polo ministro de Exteriores español, pola vicepresidenta do Goberno, polo presidente do Goberno, polos Borbóns e por Rajoy, entre outros. Debe ser que non entendo moito de política pero, se é unha visita privada, por que o recibe a plana maior do Estado español?


Pero iso non é o máis grave. O máis grave é que, entre outras maravillas, o señor zapatero adecuou a axenda do Parlamento español á visita de Bertone xa que o PSOE freou estes días no parlamento iniciativas laicistas que pretendían facilitar a apostatía en España, entre outras cousas. E para iso o PSOE votou no Parlamento unido co PP. Que asco de políticos! Sempre rendíndolle pleitesía aos curas, de seonllos ante eles (Mejuto non busques no diccionario, seonllos é rodillas en castelán). Aínda así, a maior parte dos medios de comunicación nacionais afíns ao Goberno falan nos seus titulares de cousas como "De laVega sin pelos en la lengua ante el número dos del Vaticano". E todo porque a vicepresidenta defendeu hoxe na reunión mantida con Bertone a reforma da lei do aborto na que traballa o Parlamento e a asignatura de Educación para a Cidadanía. Faltaría máis coño! Que vai facer? Parar a reforma da lei do aborto e suprimir Educación para a Cidadanía pola visita do Bertone?. É que non dou creto ao que vexo.


Pero a reunión da vicepresidenta aínda deu para máis. De la Vega garantizoulle a Bertone que a modificación da Ley de Liberdade Relixiosa que prepara o Goberno non vai a afectar "en ningún momento a los acuerdos que España tiene con la Santa Sede". Ou sexa, que España pretende reformar a Ley de Liberdade Relixiosa pero non ten pensado aproveitar para reducir os privilexios que a Igrexa Católica ten en España.


Xa sei que os estatistas estanlle a dicir a ZP que os seus enfrontamentos coa Igrexa estanlle a costar case que dous millóns de posibles votantes ao PSOE pero, cantos pode perder aseonllándose como o está a facer? Lémbrolle estimado presidente que este é o número dous da organización que lle montou en Madrid varias manifestacións "pro-familia" hai uns meses. Non se lembra? Pois dicían moitas cousas de vostede...


E todo isto porque veu Bertone. Se chega a vir o Papa, Zapatero fai unha misa no Parlamento...Eso, que Zapatero acorda co Vacitano abrir unha nova etapa de diálogo, colaboración e respeto e eu aquí despotricando conta a Igrexa. Menos mal que as únicas noticias son a crise e o temporal....

2 Respostas ata o de agora.

  1. JLMejuto dí:

    El lunes pasado disfruté enormemente con el final del programa de Wyoming, pero confieso que justo hasta ese final sufri sintiéndome defraudado con el personaje, por suerte todo fue un montaje para chulear al impresentable de Intereconomía.

    Zapatero y los suyos no me han defraudado, como tu, yo también lamento el que los políticos sean tan lamentables, y se que la bajada de pantalones ante la SMICAR no es un montaje para desemmascarar al Rouco.

    Uno mi pesar al tuyo

  2. Adycto dí:

    É o que ten a Igrexa....que sabe como chegar a todos os recunchos do poder...son moitos anos facendo iso.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -