Publicado por : Adycto 5 de febreiro de 2009

Escribo estas breves liñas só para felicitar á Igrexa Católica polo seu excelente xeito de facer política, da que moitos deberían aprender. Tras as reunións mantidas onte polo número dous da Igrexa, o señor Bertone, coa plana maior do Estado español e despois de que o presidente do goberno saise á palestra dicindo que se abría un nova etapa de relacións entre España e o Vaticano hoxe o cardenal Bertone sacou a artillería pesada. Acompañado por Rouco Varela, deu unha rolda de prensa na que, sen citar a España directamente, mostraba o rexeitamento da Igrexa Católica a todas e cada unha das iniciativas laicistas postas en marcha polo goberno, incluído o matrimonio entre homesexuais e a asignatura de Educación para a Cidadanía. É dicir, Bertone deulle caña a ZP. Para esto, señor Zapatero, mellor sería que onte, en vez de doraralle a pílula ao señor Bertone e parar no Parlamento medidas laicistas para que non coincidisen coa visita, lle tivera metido algo de caña. Xa me dirá vostede como pretende abrir esa nova vía de diálogo co Vaticano.
Se levan máis de 2000 anos neste negocio por algo será. Menudo golazo que lle marcaron señor presidente!

One Response so far.

  1. JLMejuto dí:

    Amigo Adycto: Hoy en "PÚBLICO" aparece un interesante artículo sobre la comparecencia de Bertone ante la prensa. http://www.publico.es/espana/197846/tarcisiobertone/vaticano/gobierno/laicidad.
    Preside el artículo una fotografía en la que podemos ver a un patético Rouco. El artículo acaba comentando una frase que se le escapó a Rouco "quiero hablar pero..."
    Parece como si lo que escribí, como sarcasmo, en mi comentario a tu anterior entrega se cumple.
    La bajada de pantalones de ZP y los suyos, Maria Teresa también viste con pantalones, sea una estratégia tipo Wyoming para ningunear a Rouco.
    Sigo sin creerlo.
    Xoseolo el Escéptico.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -