Publicado por : Adycto 12 de xaneiro de 2009


O vindeiro 1 de marzo temos eleccións en Galiza e, unha vez máis, temos que falar dun tema no que os distintos partidos políticos, unha vez que chegan ao poder, non querer nin oir falar: o voto emigrante. Como ben contaba onte Iván Riobó en Xornal de Galicia, dende o ano 1993 o Censo de Residente Ausentes, o archicoñecido CERA, non deixou de crecer pasando dos 45.000 inscritos no ano 1993 aos actuais 334.000. Xa non vou a entrar no dereito que podan ter os inscritos no CERA a votar nunhas eleccións en Galiza (como é posible que un home que levan 50 anos fora da Galiza poda decidir quen vai a ser o próximo presidente da Xunta!) senón que voume quedar nunha soa cuestión: o feito de que os inscritos no CERA voten de xeito distinto ao do resto de electores que residen en Galiza. Sen garantías xurídicas nin electorais.

Se os políticos loitaran porque o voto dos emigrantes fose limpo poderíamos evitar casos como o denunciado por Iván Riobó, no que un emigrante galego en Suiza votou ata 17 veces nas eleccións europeas. O que máis rabia me da de todo isto é que, ante esta manifesta e coñecida falta de transparencia no proceso de votación dos emigrantes, partidos políticos como o PSdG e o PPdG, e os seus irmáns maiores PP e PSOE, só protesten cando están na oposición e, unha vez que chegan a poltrona, esquécense das súas anteriores manifestacións a favor do voto en furna dos emigrantes e da transparecia na xestión do proceso electoral para os inscritos no CERA. Así, o señor Touriño, cando era aínda candidato a presidente da Xunta no ano 2005 dicía, no seu programa electoral, que "propoñemos as modificacións lexislativas pertinentes para permitir o exercicio do voto emigrante en colexios electorais no exterior, en condicións de liberdade e igualdade, EQUIPARABLES ás existentes na Galicia peninsular". (pag 245 programa electoral PSdeG ano 2005). Pola súa parte, o señor Feijóo, vicepresidente da Xunta co último goberno Fraga que coincidiu ademais con goberno popular en Madrid (por aquelo da posibilidade de facer reformas), pediu recentemente voto en urna como garantía de que "todos os sufraxios chegarían a Galicia en furna de cristal". E todo sigue igual. O vindeiro 1 de marzo hai eleccións e os galegos sabemos que o voto que cheque da emigración vai a estar manipulado. Incrible.

4 Respostas ata o de agora.

  1. JLMejuto dí:

    El incumplimiento de las promesas electorales me alejó de las urnas. Si confiáramos de la buena fe de los políticos, pensaríamos que los incumplimientos, en la mayoría de los casos, se deben a que es una falacia decir que los parlamentarios representan al pueblo. Casi todos ellos ni siquiera se representan a si mismos, están atados a la voluntad del partido por la disciplina del voto. En mi Blog expuse un resumen de lo que de este asunto opina Ignacio Sotelo, lectura que recomiendo:
    http://femilia.blogspot.com/2008/07/ignacio-sotelo-1.html

    Pero cuando llegan las elecciones, me acongojo al pensar que cuanto mayor sea la abastención mayor es la probabilidad de que la derecha llegue al poder.
    Como otros muchos, dudo a quien votar, aunque tenga muy claro a quien no he de votar.
    ¡Como me gustaría que se implantara el voto electoral negativo! como dice Fernando Martínez

    Si te interesa saber que es esto entra en
    http://femilia.blogspot.com/2008/01/voto-electoral-negativo.html

  2. Anónimo dí:

    Que um emigrante que ha 50 anos que não volta pra Espanha possa votar é muito discutível. Agora, que o neto de esse emigrante, que nasceu e morou sempre fora de Espanha, tenha direito ao voto...
    Alem disso, o voto emigrante me faz ter vergonha do sistema eleitoral que temos. Uma pessoa pode votar pelo correio apenas encaminhando o envelope com o bilhete eleitoral. Cadê o controle, cadê a seguridade? Se eu quero votar na Espanha tenho que ir pessoalmente com os meus documentos atualizados. O neto do emigrante não precisa demonstrar nada, pode estar morto. Se ninguém fez o registro de óbito ante autoridade espanhola este morto poderá votar toda a "vida".
    VOTO EM URNA JÁ!!!

  3. Adycto dí:

    totalmente de acordo cos dous comentarios...co primeiro o da podredume do sistema electoral e co segundo a súa mensaxe "voto en furna XA"

  4. Anónimo dí:

    Lo del voto emigrante es de coña. Ya no es que puedan votar los muertos sin ningún tipo de control, es que también pueden hacerlo los niños.
    Un amigo mio, que trabaja en un consulado, me dice que es obligatorio la inscripción en el Cera al hacerse el pasaporte. Pero esta inscripción se realiza en TODOS los casos, incluido los menores de edad. Así me cuenta que le llegan al consulado padres alarmados que les ha llegado a casa el voto por correo de sus hijos que aún andan en pañales.
    Lo dicho, no queremos restringir el voto a nadie (ya tuvimos bastante de eso), sólo estamos pidiendo un mínimo de control.

    Saludos.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -