Publicado por : Adycto 15 de xaneiro de 2009


No momento no que comezo a escribir este post son presa dun ataque de insomnio que pagarei duramente dentro dunhas horas e que fará que, toda a xornada do xoves, a pase máis torpe do normal (que xa é bastante). O bo da falta de sono é que, na segunda canle de Televisión Española, están proxectando o excelente documental de Julio Menen titulado La Pelota Vasca "La piel contra la piedra" e, xa que estamos, o paparei enteiro. Supoño que a maioría de vos xa veríades este documental estreado no ano 2003 pero, por si queda alguén que non o vira, non deixedes pasar a oportunidade. Seguro que serve para aportar un pouco máis de luz sobre un conflicto político como o vasco no que, na maioría dos casos, as visións e posturas parece que se toman sen coñecer en profundidade o conflicto. Lástima que os do PP non tivesen intención de aparecer como tal no documental, co cal o mesmo queda algo coxo. Hai xente de UPN opinando e xente que, por ideoloxía, é cercana ao PP pero faltan opinións de alcaldes vascos do PP e, por suposto, dos seus líderes en Madrid.


Se premedes sobre o cartel do documental que ilustra este post iredes directamente a un enlace que os permitirá ver a Pelota Vasca online.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -