Publicado por : Adycto 23 de decembro de 2008


Aínda que todavía falta tempo para que os galegos vaimos a votar, hoxe toca facer a primeira reflexión sobre as eleccións do 1 de marzo. Vou a empezar polo candidato Nuñez Feijóo. Ao líder do PPdG as eleccións non lle chegan en mal momento. España en medio da crise, Galiza notanto cada vez máis os efectos da mesma e gobernos socialistas tanto no Estado como no país. En principio é un bo escenario. Ademais, parece que o lider pepero conseguiu atar bastante ben o seu partido (aínda que iso nunca se sabe) e, nestos tres anos de oposición, atacou con contundencia ao bipartito asegurando, deste xeito, un interesante graneiro de votos. Iso sí, no seu debe, hai que apuntar que o que non fixo Feijóo nestes tres anos foi presentarlle a cidadanía un proxecto alternativo ao da coalición progresista e unha opción de goberno diferente á do bipartito. Ademais non hai que olvidar que estas son as primeiras eleccións ás que Núñez se presenta como candidato á Xunta co cal, a non ser que vaian moi mal as cousas, aínda ten percorrido. Canto aos posibles resultados que poda acadar Núñez seica as enquisas que están manexando as distintas formacións políticas non falan en ningún caso de descalabro electoral dos populares co cal, aínda que Feijóo perdese 3 ou 4 escanos no Hórreo (cousa moi sinxela por certo) estaríamos falando duns bos resultados electorales. Non hai que esquencer que os últimos resultados electorais con Fraga de candidato foron 37 deputados (a un da maioría absoluta) co cal un resultado que lle dera ao PPdG 32 ou 33 deputados creo que serían uns bos resultados. Iso si, tamén creo que Núñez debería de deixar de escoitar aos asesores "genoveses" e mirar máis para os de aquí xa que liñas de actuación como a que está a emprender co idioma pódenlle acarrear moitos disgustos.







No caso do PSdG as cousas, en principio, parece que marchan por bo camiño. No partido, tras tres anos de presidencia da Xunta, non parece que "Smallbull" teña oposición interna (aínda que iso nunca se sabe) e a convocatoria de eleccións foi feita por el e os seus asesores co cal debería ser a máis adecuada para os seus intereses. Iso si, Touriño enfróntase a dous problemas fundamentais. Por un lado, os tres anos que leva o bipartito no poder non serviron para descalabrar ao PPdG e, por outro, creo que o modelo de bipartito (claramente diferenciado nas súas áreas de goberno) beneficiou máis ao BNG que ao PSdG. Aínda así, Galiza sempre tende a votar ao que manda. Touriño ten cara de presidente e a xente xa o identifica co cargo cos importantes réditos electorais que iso conleva. Iso si, dende as filas do PSdG esperan un aumento de deputados que permita establecer un novo equilibrio no goberno reducindo a presencia do BNG nas áreas de goberno. De non ser así, aínda gañando as eleccións, comezarían os problemas para "Smallbull".






Para o BNG as elección tamén chegan en bo momento. "Quin" non parece que teña oposición interna no seu partido, a labor do BNG no goberno bipartito está mellor vista pola poboación que a do PSOE e, de producirse un incremento na súa presencia no Hórreo (cousa bastante difícil por outro lado) o poder de "Quin" no seu partido e na Xunta aumentaría de xeito importante. Na súa contra os bloqueiros teñen o feito de que, ao formar parte do goberno, pode producirse unha perda de votos que vaian ao PSdG xa que a xente tende a identificar ao goberno co presidente, e ise é Touriño, aínda que coñecendo un pouco á base electoral do BNG este fenómeno é difícil que se produza.






En todo caso parece que, como dicía onte Xosé Luis Barreiro no programa da Galega "Hai debate" parece que, en contra do que podería pensarse hai un par de anos, nas eleccións do vindeiro 1 de marzo "aínda hai partido" e ningún dos candidatos aparece descartado para chegar a presidente da Xunta. Queiramos ou non, o PPdG o ten máis difícil que ninguén polo feito de ter que acadar a maioría absoluta para chegar ao sillón pero as cousas están moito máis abertas do que parecía hai só dous anos. Seguiremos seguro falando das eleccións, das enquisas, etc, etc pero hoxe, a día 23 de decembro eu inicio a porra electoral. Esta é a miña aposta: PPdG 33 deputados; PsdG 27 e BNG 15.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -