Publicado por : Adycto 6 de outubro de 2008

O outro día, vendo o anuncio do novo Lancia Delta que protagoniza o amigo Richard Gere, quedei abraiado porque pareceume ver nel algo extraño. Por este motivo baixeime o spot e, cando o fun mirar de novo, decateime de que, cando o Gere e mais o "pequeno buda" que o acompaña levantan as mans da neve, a man esquerda do rapaz ten seis dedos. Como o lema da campaña é "feel the difference" pensei que era algo intencionado e lanceime aos brazos de San Google para ver cantos frikis se deran conta do tema e que especulaban ao respecto. A verdade é que non atopei nada así que deixovos o anuncio aquí colgado para que vexades que en Xornal Aberto estamos pendentes de todo. E se os de Lancia dedicen darme un premio por apreciar este detalle non dubidedes que o repartirei entre os que deixen algún comentario neste post.

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Pois eu non vou deixar pasar a oportunidade de compartir un premio de balde porque seguro qe os de lancia danche algo adycto....a verdade é que é unha pillada total o chollo dos seis dedos....ben visto

  2. Anónimo dí:

    pois eu tamén quero pillar algo se os de lancia che dan algo....a verdade é que é moi bo o dos seis dedos...

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -