Publicado por : Adycto 1 de outubro de 2008



Hoxe a verdade é que non teño o corpo para contar moitas cousas. Vai xa algo de frío polas mañans e, cada día que pasa, o inverno está máis preto de nos. Cuestións climatolóxicas aparte, estes días os xornais só falan de crise. Que si Obama se reúne con Bush para sacar a EEUU da crise, que si ZP ten a culpa da crise, que si os orzamentos xerais do Estado deberían ser dun xeito ou doutro polo tema da crise, etc, etc, etc. Empezo a cansar da crise. Debe de ser que os que non temos moitas necesidades, nin hipotecas, nin préstamos persoais, non estamos notando tanto a crise porque eu a verdade non vivo moito peor que hai un ano. Non estou para tirar cohetes pero tampouco tan mal coma os que saen na tele. Ademais, como moitos outros, case que me está a divertir ver como os prezos das hipotecas suben ata límites insospechados e como a xente que hai uns anos che dicía: "senón tes hipoteca non es ninguén" empezao a pasar mal. Tamén alédome de que os sistema financiero internacional estea, un día si e outro tamén, a piques de esnaquizarse para sempre co cal, todo esto da crise, abúrreme un pouco xa. Por iso hoxe dúas novas que nada teñen que ver coa crise (ou si): o "premio" para os funcionarios do concello de Nigrán por ser os que "menos traballan para unha administración local na provincia de Pontevedra", dedícanlle 32,5 horas á semán ao curro (incluída a media hora do bocata); e a detención dun pai (bébedo) e o seu fillo (fumando un canuto) en Vigo ao mando de senllos vehículos (o do pai un opel calibra). No caso do mozo, sen carnet de conducir nin papeis de ningún tipo, e no caso do pai sen seguro no coche. Ambos claros exemplos de coma somos os galegos no fondo dos nosos corazóns.

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Creo que o xornal "el mundo" vai sacar un cursillo para inversores en bolsa aficionados, manda carallo coa que está a caer. En canto o dito sobre as hipotecas, faime gracia cando oio dicir que o repentino da crisis fixo dificil atallala ou tomar medidas para atenuala. Non sei en que mundo viven, pero o da burbulla inmobiliaria era algo que xente sen preparación e sen estar metidos nese mundo puido prever dende fai tempo. Para algúns, xa nos estaba tardando. En canto o de repentino, pois xa me dirán onde viron eles unha burbulla estoupar amodo. En fin, que é o de sempre. Agora nos queren facer parvos.

    E eu que acabo de pagar o seguro do coche...

    Saúdos

  2. Anónimo dí:

    o problema de todo é o de sempre. Os beneficios son individuais e as perdas estatais (por tanto colectivas).

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -