Publicado por : Adycto 26 de setembro de 2008

Xa sei que se cadra o título deste post é bastante alarmista pero as últimas noticias que chegan ata a redacción de Xornal Aberto nos fan ser optimistas (si optimistas) ao respecto da posible fin dese monstruo coñecido como capitalismo que, día tras día, come nenos, vellos, mulleres, etc en diversos rincóns do mundo. Vista, de todos os xeitos, a mensaxe do señor Bush onte e as declaracións realizadas hai uns días en España polo presidente da CEOE (a patronal) nas que solicitaba un "paréntese na economía de mercado para que intervise o Estado" a cousa é para pensar no peor. Pero señores, non era que o mercado se autoregulaba, que canto menos interveña o Estado mellor, e todas esas cousas. Señor Aznar, non era que había que reducir o Estado á mínima expresión? Parece que as teses capitalistas liberais empezan a caer e, coma sempre, pagamos os mesmos. Agora todos os ultraliberais dun lado e outro do mundo din que os Estados teñen que intervir para evitar o desastre. Que desastre?? Debe ser que son un pouco corto e non entendo ben pero, cando estes señores gañaron cartos a esgalla grazas ao capitalismo salvaxe non repartiron co resto, verdade?. Entón a miña pregunta é: por que teño eu (Estado) que cargar coas súas perdas? Que pasa que cando hai beneficios son individuais e cando hai perdas as socializamos. Non entendo moito pero ogallá esto sirva para pensar mellor as cousas e atopar un sistema mellor. A verdade é que Gabilondo, posto a cargarse ao capitalismo, parece que desfruta case tanto coma min e coma el, para que engañarnos, o fai mellor ca min pois nada, un comezo de telexornal sen desperdicio: Gabilondo contra o capital!

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -