Publicado por : Adycto 9 de setembro de 2008


Onte a Xunta de Galicia fixo público o calendario laboral para o vindeiro ano 2009 e, coñecendo como coñecemos o percal, seguro que na xornada de onte miles de galegos e galegas pasaron boa parte da súa xornadas laboral calculando as pontes que van coller durante o vindeiro ano. Co novo calendario laboral os galegos e residentes no país van poder facer ata sete pontes e, coñecendo como coñecemos ao especimen, seguro que onte moitos estiveron deseñando como os van a facer, que días se van a poñer malos, que días van coller para asuntos propios e, xa no caso dos funcionarios, cantos "moscosos" van enlazar coas sete pontes. Independentemente de todas estas cousas alédome moito que dende o goberno do país siga apostándose forte polo Días das Letras como festivo xa que permíteme celebrar o meu cumpreanos con comodidade. Para os que aínda non fixéchedes contas aquí os deixo o calendario laboral 2009.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -