Publicado por : Adycto 21 de maio de 2008

A tan só catro días para que se celebre unha nova edición de Festival de Eurovisión a polémica en España está servida. Gracias á impresionante labor de marketing realizada por El Terrat e, nos últimos tempos (cando non lle quedou máis remedio), por TVE, el Chiki-Chiki de Rodolfo Chiquilicuatre é un auténtico fenómeno de masas. Contra todo pronóstico (ou non) gañou a gala e a votación realizada por TVE para representar a España no Festival e, toda esta aventura (que recordemos empezou como unha coña máis de Buenafuente), terminará o vindeiro sábado coa gala de Eurovisión en Belgrado.

En España hai dous xeitos ben opostos de entender a participación do Chiki-Chiki no Festival: o das persoas que non entenden como un tipo tan raro e tan mal cantante pode representar a España internacionalmente nun Festival da Canción como Eurovisión e, por outro lado, o das persoas que entenden que esta é unha coña para tratar de ridiculizar un festival que, posiblemente, tería que ter desaparecido hai anos. Por tanto, este sábado seguro que hai máis xente vendo o Festival que nos últimos cinco anos xuntos, uns para ver se ninguén lle da ningún voto e queda en ridículo (ou eles pensan que queda en ridículo) e outros na procura dun sono imposible (ou non): que Rodolfo gañe Eurovisión.

Durante estes meses de perreo teño escoitado cousas como "os que votaron a ZP nestas eleccións son os que votaron o Chiki Chiki para Eurovisión" ou "a política exterior de España é a do Chiki Chiki" ou ben "esto non é máis que un novo negocio del Terrat que se aproveita da tontería que existe en España". A todos estes comentarios só lles quero respostar que seguro que El Terrat e TVE están sacando unha boa pasta coa historia pero que, por que non o van facer? Un ten unha boa idea e a aproveita, contando, iso é indiscutible, cun apoio popular enorme e coa complicidade duna cadea pública de televisión a que lle meteron un gol pola escuadra...Hai que ser parvo, se queres mandar algo serio a algún lado, para deixar que os internautas e os televidentes voten...En resumo, dende Xornal Aberto tamén apoiamos a Rodolfo en Eurovisión e, é máis, pensamos que VAI A GAÑAR....Para que logo digan que non nos mollamos...

4 Respostas ata o de agora.

  1. Colazo dí:

    a min paréceme difícil que unha canción poida representar a un país, e menos a un estado plurinacional.
    Por iso para min o festival non ten moito senso.

    Hai música propia dun país, a tradicional, e hai música que se fai nese país e esta pode ser igualiña á que se fai a miles de km.
    A música tradicional, un himno, si pode representar a un país, pero aínda así unha competición de cancións escápaseme da lóxica.

    Nun principio, por frikismo valoraba o Chiki-Chiki, despois porque vendo o que se presentaba até case me parecía de maior calidade pero agora paréceme un escándalo que poida haber xente lucrándose(politóns, publicidade ONCE...) de algo que ten unha iniciativa pública.

  2. Adycto dí:

    Cando falo de "representar a España" estou, simplemente, utilizando unha forma de falar. O feito é que a cancionciña de marras é a que presenta TVE a este festival e a iso é o que quería expresar. Canto ao do que o festival non ten sentido estou totalmente de acordo e canto ao de gañar cartos a travès de politons e todo iso...por que non? ti non o farías? non me parece mal. Nunca me baixaría o ton (son moi suiña para esas cousas) pero se a xente o quere baixar, por que non?

  3. Colazo dí:

    Non che quero contradicir no do festival, só difiro contigo no do negocio que se fai.
    E quería engadir unha cousa ao que escribín antes, tamén hai cancións como Miña Terra Galega que poden ser moi representativas e incluso patrióticas. E grupos que se converten en abandeirados e un orgullo para ese país. Dígoo porque igual estaba quedando de etnicista, ou algo polo estilo, e en canto a música son totalmente aberto en estilos e moi esixente en canto a calidade(o que a min me parece bo claro).

    Voltando ao do negocio, na miña casa fixen unha comparación un pouco esaxerada, que era como se agora Quintana levara publicidade e cobrara por elo , ao estilo de Angel Nieto http://www.madeingreen.com/es/images/amigos/AngelNieto.jpg

    Tería toda a legalidade para facelo non? pero é ético?
    Que faría eu na posición de Buenafuente? Se os cartos non cambiasen a miña forma de pensar, bantante tería xa coa publicidade que lle está facendo ao porgrama e á cadea o Chiki-Chiki sen vender politóns, anuncios...
    Os politóns son dos negocios aos que eu tampouco lle din un can. Aí está internet para ter o que queira no meu telemóbel.

    Tamén vexo agora bastante inxusto a hora de escoller a canción, que unha teña tanto apoio mediático detrás. Gañaría o Chiki-Chuki se fora un descoñecido?

  4. Adycto dí:

    A verdade � que non che falta raz�n. Moi �tico non � o asunto dos politons e todo iso....Convenc�chesme no tema do negocio....no da canci�n (agora tras o resultado final) sigo pensando que era unha opci�n moi v�lida e divertida. Unna aperta

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -