Publicado por : Adycto 2 de outubro de 2007


O presidente da Xunta de Galiza, Emilio Pérez "Smallbull" abriu, hai un rato, o debate sobre o estado do país. Tras o discurso do presidente (que durará un bo rato) a sesión interrompirase ate as cinco da tarde, momento no que intervirán o lider da oposición, Alberto Núñez, e o vicepresidente desta Xunta bicéfala, Anxo Quintana. Seguro que durante a sua intervención Touriño afirma que todo vai mellor que nunca na Galiza, Feijoo que todo vai para atrás e que a Xunta está dividida e Quintana que hai que asumir más autogoberno. A verdade é que cada ano, e máis dende que mmarchou Beiras, este debate está a perder en interese. Só hai que ver os acordos acadados o pasado ano tras o debate nos que a loita era para a aprobación dun novo estatuto que, de momento, aínda non temos (nin esperamos). É o de sempre, estes homes no espacio exterior e os galegos sen solucións reais para as cousas que de verdade nos importan. Veremos en qué remata o día.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -