Publicado por : Adycto 3 de outubro de 2007


Escribo este post só para molarme. Só para demostrar canto sabe o que escribe sobre a política galega. Tal e como os contaba onte, antes do inicio do Debate sobre o estado do país, Touriño pintou unha Galiza multicolor onde todo vai ben: menos paro, máis inversión estatal, xestión impecable da Xunta, etc. Feijoo, pola súa banda, pintou unha Galiza chea de nubarróns onde, dende a marcha do PP do goberno autonómico, todo son cataclismos e malas noticias e debuxou ademais un goberno desgobernado pola bicefalia. Quin, no seu turno, falou da parte da xestión nacionalista e de reclamación de novas competencia e de máis autogoberno. Todo segundo o guión que eu mesmo, coma outros moitos, adiantamos antes do debate. Para que facer este paripé se todos van a dicir nas sesións o que teñen no guión? Por que o chaman debate se ninguén debate nada?....o dito, máis do mesmo.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -