Publicado por : Adycto 27 de agosto de 2007


Leo hoxe na Voz de Galicia que as obras do acceso ferroviario a Galiza dende Madrid (AVE), incluído o eixo atlántico que conecta as principais cidades galegas, xa levan construídos 153,6 quilómetros dun total de 701, despois de algo máis de seis anos de obras. Con eses números, a ecuación é ben sinxela: se en 6 anos construíronse 153 quilómetros, as obras estarán rematadas en 27,5 anos máis. É dicir, a este ritmo de traballo, en febreiro do 2035 Galiza terá rematadas as obras de acceso ferroviario dende Madrid. Seguro que por esas datas os trens xa non van por vías e os coches non andan con petróleo pero nos poderemos estar orgullosos de ter rematado o AVE na Galiza. Supoño que co tempo que temos por diante incluso poderemos adaptar as obras da Cidade da Cultura para que sirvan de estación de tren en Santiago.


Segundo conta a Voz no seu artigo, a maioría destes quilómetros -101,3- sitúanse entre Soto del Real (Madrid) e Olmedo (Valladolid), mentres que o resto están en servizo no eixo atlántico entre A Coruña e Vigo, onde os traballos comezaron no 2001 e aínda segue pendente o proxecto de electrificación.

Recentemente, as empresas adxudicatarias concluíron o tendido de vía e as instalacións eléctricas e de seguridade nos túneles do Guadarrama, o primeiro tramo iniciado na liña de alta velocidade Madrid-Valladolid, a mediados do 2002. Ante a inminente inauguración deste trazado en decembro, as obras concéntranse agora nos túneles de San Pedro, na Comunidade de Madrid, no acceso á capital de España e no de Valladolid.


No entanto, os usuarios galegos do ferrocarril non poderán beneficiarse da infraestrutura ata polo menos o segundo trimestre do 2008, cando Fomento ten previsto finalizar o intercambiador de ancho e a conexión co AVE de Valladolid que actualmente se está construíndo nas inmediacións de Olmedo.


O uso destes 132 quilómetros polos trens galegos poden supor un aforro en tempos de viaxe próxima aos 75 minutos.


No cómputo dos quilómetros terminados non se inclúen aqueles tramos da rede básica de alta velocidade en Galicia que aínda non superaron a aprobación definitiva dos seus respectivos estudos informativos. Este é o caso da conexión entre Ourense, Pontevedra e Vigo por Cerdedo, os extremos do eixo atlántico cara a Ferrol ou a fronteira portuguesa e a variante a Lugo. Se así fóra, habería que engadir 225 quilómetros aos 700 contabilizados no acceso principal desde Madrid, ante o atraso evidente que arrastran, por exemplo, a conexión de Vigo e Pontevedra con Ourense.

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Moi bo o artigo; rin moito. A idea de que a Cidade da Eurocultura sexa estación do ave é excelente... Meus parabéns!

  2. Anónimo dí:

    Sempre me pareceu gracioso esto do AVE a Madrid. Eu cambiabao por mellora-la rede de cercanias galega, para que non se tardase dúas horas e media Vigo-Coruña.
    Outra cousa é o prezo, se o tren normal o billete ida e volta está en torno os 100€, ¿cánto costará o carallo do AVE? É máis barato e rápido o avión...

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -