Publicado por : Adycto
21 de agosto de 2007
Levaba uns días sen poder acceder ao blog para escribir esas cousas que tanto me gustan por motivos laborais e, a verdade, botaba moito de menos poder facelo. Hoxe, que teño un minuto, achégome a este rincón da internet non para falar eu senón para servir, simplemente, como altofalante dun estupendo artigo de opinión publicado o pasado 15 de agosto na contraportada da Voz e asinado por Luis Ventoso. O artigo titulábase "Uns problemas que Galiza xa ten superados" e nel, o xornalista, cunha elevadísima carga de retranca, falaba sobre os problemas enerxéticos e de infraestructuras que está a soportar Cataluña nestas últimas semanas e que, pola contra, Galiza non sofre nunca xa que, tal e como el dicía na súa columna, "en Galiza xa temos conxurados todos isos inconvintes". É realmente un gran artigo (do mellor que teño lido nos últimos tempos neste xornal) e vaia dende aquí a miña felicitación para o seu autor. Non deixedes de consultalo porque é realmente revelador: como imos a ter problemas na Galiza co tren de cercanías, co metro, cos aeroportos ou coa chegada do AVE ?
Publicar un comentario