Publicado por : Adycto 21 de xuño de 2007

Xornal Aberto, sempre preocupado por todo o que ten que ver coa difusión da nosa cultura, quere servir hoxe de altofalante para a estrea, mañá venres 22 de xuño no Café Moderno de Pontevedra, da curtametraxe “Xan, a despedida” da produtora galega Contacontos P.C. A curta, protagonizada polos actores galegos Marcos Correa, Xulio Abonjo e José María Tanas e dirixida polo realizador José Luis Martínez, está rodada integramente na localidade pontevedresa de Toutón (Concello de Mondariz) e enmárcase dentro do xénero do drama sobrenatural. Segundo nos contan os organizadores do evento, estades todos convidados, por suposto de balde, a acudir o venres a ver a estrea da curta. Para ir abrindo boca, un adianto en forma de trailer...


2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    a qué hora é a estrea??? e que non o puxiches....

  2. Adycto dí:

    Sintoo, non me din de conta. A proxección da curta realizarase ás 20:15 horas....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -