Publicado por : Adycto 9 de marzo de 2007


Hoxe é o día elexido polo blogomillo para renderlle unha homenaxe ao escritor e xornalista Carlos Casares. Como ben di Marcos nas Uvas da Solaina (organizador desta homenaxe), a súa columna foi precursora dos actuais blogs e ademais parece que Casares era un apaixoado dos trebellos, da tecnoloxía e do Internet. Xa van cinco ano da súa morte e eu sigo buscando todavía a súa columna na Voz.


A pesares de todo, como ben sabía Casares, o mundo non para porque un marche e por iso en Xornal Aberto continuamos falando doutros temas. En concreto imos comentar dous temas moi concretos: un correo electrónico sobre o tema De Juana que chegou ao meu buzón e o tema de que un galego entre, na lista Forbes, no selecto clube dos dez homes máis ricos do Mundo. Sobre o correo electrónico recibido, decirvos que contén unha relación de presos de ETA condenados a máis de 30 anos por acumulación de penas que sairon en liberdade no periodo 1996-2004 e que, para o meu gusto, ben a ser unha demostración máis da política de división que os dous principais partidos do Estado están a practicar nos ultimos meses. Sobre o tema do galego rico pouco máis hai que dicir que o seu nome: Amancio Ortega. Segundo a tradicional lista da revista Forbes correspondente a 2007, Ortega ocupa o octavo lugar entre os homes máis ricos do planeta, lista que encabeza unha vez máis Bill Gates, cunha fortuna estimada en 24.000 millóns de dólares (18.280 millóns de euros), frente ao posto 23 que ostentou en 2006. Ortega logrou ascender 15 postos na lista ao aumentar a súa fortuna en 9.000 millóns de dólares respecto ao pasado ano. O fundador de Zara ocupa, ademáis, a terceira posición entre os ricos europeos, tan só superado polo dono de Ikea, o sueco Ingvar Kamprad (cuarto, con 33.000 millóns), e polo da sociedade de artígos de luxo LVMH, o francés Bernard Arnault (sétimo, 26.000 millóns).

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -