Publicado por : Adycto 30 de xaneiro de 2007


Hoxe tiñamos varias noticias para comentar como a iniciativa presentada polo Grupo Parlamentario do PPdG para que a Xunta e o Goberno central fagan as xestións necesarias para que o ciclista galego Óscar Pereiro sexa proclamado "canto antes" vencedor do Tour de Francia 2006, como "lle corresponde por xustiza", tamén poderiamos falar da chegada do Windows Vista ou de que o Goberno Galego afirma que a vía de O Salnés reabrirase ao tráfico na súa totalidade antes de Semana Santa, cun mes de antelación sobre a data inicialmente prevista. Aínda que en Xornal Aberto temos opinións para todos estes temas, hoxe queremos que coñezades unha iniciativa posta en marcha por un portal de ofertas de emprego alemán e que consiste en "contratar" persoas para asistir a manifestacións.

O sitio en cuestión, erento.com, é un portal de ofertas de emprego que dende este ano inclúe entre as súas categorías laborais a persoas que cobran por asistiren a concentracións públicas. O cliente pode escoller o sexo, a idade, a raza, ou mesmo a cor e a lonxitude do cabelo dos contratados en función das características da manifestación a “encher”, e estes son remunerados con 145 euros diarios. Cando non transcurreu nin un mes dende o lanzamento da iniciativa, xa son máis de 330 os candidatos a participar en calquera tipo de marchas, sen ter en conta as características ou a ideoloxía das mesmas.

Imaxinades que esto pasara na Galiza. Estaría divertidísimo. Traballar como asistente a manifestacións. E cada día dunha cor distinta e vestido para a ocasión. Que si vestido de "rojo" un día, de novas xeracións outro, do lado dos "titiriteiros" outro, cos verdes outro, etc, etc. E cobrando. Por certo e, xa que estamos, o da iniciativa de apoio a Pereiro paréceme moi ben pero, non haberá iniciativas máis importantes que sacar adiante? algo sobre o Estatuto? sobre o salario dos galegos? etc, etc, etc.

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    pois eu estou no paro e non me importaría ir a manifestacións por 145 eurazos...vou ata disfrazado

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -