Publicado por : Adycto 14 de decembro de 2006


Dende que eu lembro sempre houbo teorías da conspiración sobre distintos temas. Lembro algunhas clásicas como a de que o home nunca estivo na lúa ou algunhas sobre o asesinato do presidente norteamericano Kennedy. Nos últimos tempos había unha circulando sobre a morte de Lady Di. Hoxe, a investigación realizada durante os tres últimos anos por Scotland Yard, concluíu con que a causa principal do accidente que costoulle a vida a Lady Di, a súa parella e ao condutor do coche no que viaxaban, Henry Paul, era que, este último, conducía demasiado rápido e o facía ademais baixo a influencia do alcohol. Por tanto, a investigación descarta que a parella fora asesinada, e considera que as alegacións sobre esta teoría están infundadas. O informe, feito público hoxe, tamén descarta que a ex muller do príncipe Carlos estivera preñada, tal e como afirmara algún médico, e tampoco pudose demostrar que esa misma noite Dodi lle pedira matrimonio a Diana, como especularon algúns medios de comunicación. Ou sexa que nin asesinada, nin preñada nin prometida. Lady Di morreu, coma moito xente hoxe en día, por causa dun condutor bebedo que ía a gran velocidade. Outra teoría da conspiración que queda en nada. Para cando o fin da teoría da conspiración de Pedro J e Federón (o de Fererico soame a diminutivo) de que o PSOE organizou o 11-M, xunto con "la eta" e cuns "moritos" para provocar un cambio electoral en España?

One Response so far.

  1. [ironic]Mágoa do coche, era un Mercedes, un dos automóbiles máis seguros da súa gama.[/ironic]

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -