- Atrás »
- Curiosidades , curioso »
- A INDEPENDENCIA DE FLANDES
Publicado por : Adycto
18 de decembro de 2006
Como xa saberedes todos a estas alturas do partido, unha televisión pública belga emitiu, a pasada semana, un falso informativo no que se anunciaba a independencia de Flandes. O aviso urxente de "interrumpimos a programación" chegou ás pantallas da televisión pública belga RTBF, se súpeto. Un xornalista anunciou entón que o Parlamento flamengo proclamara a independencia de Flandes respecto de Bélxica e deu paso a unha rolda de conexións: Seica o monarca Alberto II fuxira ao extranxeiro, trens e avións bloqueados e desviados, políticos e coñecidos persoeiros valoraban publicamente o acontecido, presuntas imaxes de independentistas cataláns celebrando a decisión no Europarlamento...E todo era unha especie de Guerra dos Mundos de Orson Welles, preparado con semanas de antelación e con moito tino. Vos imaxinades que a 1 de televisión española fai o mesmo pero co País Vasco? Canto tardan os tanques en saír á rúa? Cantos mortos habería? Aquí tedes unha parte do polémico video para que vexades o currado que estaba (aínda que non entendamos moito de belga).
Publicar un comentario