Publicado por : Adycto 13 de decembro de 2006


Acabo de leer na edición dixital da Voz de Galiza que o presidente da Xunta, o señor Pérez Touiño, afirma que non figura na axenda do seu Goberno plantexar a posibilidade dun cambio horario en Galiza, unha decisión que, segundo o presidente galego, "sería competencia do Executivo nacional". O presidente, en todo caso, afirmou que aínda que admite a posibilidade de que este asunto sexa estudiado de forma xenérica, porque é «razoable» que si Galiza dispón dun Instituto Enerxético este faga estudos sobre o que un cambio horario suporía de aforro enerxético, no está na súa axenda. A respota do presidente da Xunta a esta cuestión do cambio horario é un claro exemplo do significado de expresións tan populares como "tirar balóns fora", "nin arre ni soo" ou "patapum parriba". O presidente di que lle parece ben pero que non está na súa axenda e que, ademais, esto é competencia de Madrid. Perfecto. O presidente, como non podía ser doutro xeito, non se molla os pes que vai frío. Seguro que no blog O Refraneiro pódennos axudar con expresións mellores que as miñas. Consultarémoslles.

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Ben, supoño que expresións como "lavar as mans" ou "ir cos da feira e vir cos do mercado" tamén valerían para este caso, pero atopei uns cantos ditos que quizais che gusten:

    "a froita que cae no camiño é do veciño", no sentido de que se botamos o problema en sitio común deixará de ser noso (neste caso se Touriño bota o problema cara Madrid, deixa de ser del).

    "o que escapa, ben libra" ou "o que afora, bota fora" ou "o que escapa, delito ten", que non fai falta explicar, el escapa e vai librando.

    "a culpa tena a xiada", ou "deus dea a quen botarlle a culpa", que vale tanto para culpa como para problemas, é unha maneira de desfacerse dos problemas.

    "é máis fácil obedecer que mandar", posto que Touriño se debe a Madrid e non é quen de impoñer un criterio galego como presidente da Xunta.

    Pero a que eu considero máis acaida quizais sexa "quitar a cobra da parede coa man do outro", ou sexa, utilizar a outro para eliminar o problema.

    Espero terche resolto dúbidas!

  2. Anónimo dí:

    boísimas as expresións citadas por o Refraneiro e boísimo o blog. Saúdos.

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -