Publicado por : Adycto
14 de novembro de 2006
Lugo foi a única provincia española na que non se contratou a ningún inmigrante no primeiro semestre de 2006, mentres que a comunidade galega, cun 1,51%, foi a segunda autonomía con menor proporción de traballadores inmigrantes. E non será porque nas nosas cidades e pobos non medre a presenza de inmigrantes. Non sei cal é motivo de que a porcentaxe de inmigrantes contratados na Galiza sexa tan baixa, se cadra é que eiquí non hai traballo para ninguén, ou que os inmigrantes que hai no país están ilegais e por tanto non computan nestes datos, ou porque, directamente, os galegos non contratan para as súas empresas a inmigrantes pero, co pasado inmigrante que ten o noso país, parécenme un pouco estranos estes datos.
Segundo o sexto "Informe Perfil do Inmigrante Adecco-Galicia", este colectivo convertiuse nunha peza esencial do funcionamiento do mercado laboral español e a mediados de ano acadouse un novo máximo, con 2.579.000, o 13,1% de todas as persoas ocupadas (fronte ao 11,5% no mesmo periodo de 2005). Por comunidades, Galiza empregou tan só ao 0,17% de todos os extranxeiros de España no primeiro semestre, fronte ao 0,31% rexistrado durante o mesmo periodo do ano anterior. Por provincias, A Coruña e Ourense son as que máis proporción de inmigrantes empregaron no primeiro semestre, cun 3,48 e 1,74% do total de traballadores, respectivamente. Pola contra, as que menos extranxeiros rexistran entre os seus contratados son Pontevedra, cun 0,6%, e Lugo, que non empregou a ningunha persoa de fora de España, a única de todo o Estado.
Eu pregúntome para que queremos contratar inmigrantes en Galiza se ainda temos moitos galeg@s parados. Cando o indicativo do paro galego este no 0% querera dicir que necesitaremos máis man de obra,enton adiante, que traballe o que queira ben sexa inmigrante nacional ou extranxeiro, ata entón benvido ese baixo porcentaxe de contratación extranxeira.
E non será que o que facemos e contratar inmigrantes de xeito ilegal? sen dalos de alta na seguridade social e todo iso?