Publicado por : Adycto 20 de novembro de 2006


Leo hoxe en diversos medios que os empregados de limpeza do Palacio da Moncloa entran, a partir das sete da mañán de hoxe, nunha folga indefinida para protestar pola súa situación laboral. Resulta quen os 120 traballadores contratados pola empresa Servimil para realizar as labores de limpeza do Palacio denuncian que a empresa adxudicataria do servizo obrígalles a prestar "servizos persoais" aos cargos do goberno. Ou sexa, que parecen máis empregados do fogar que limpiadores, que é para o que están contratados. Señor Zapatero, familia e resto de membros do goberno, os traballadores que hai en Moncloa están para facer a labor para a que están contratados e non para outra cousa.

Segundo un voceiro da federación rexional de actividades diversas de Comisións Obreiras en Madrid, Gabino Bodes, os traballadores estanse a convertir en expertos en protocolo, camaireros, costureiros, cociñeros, planchadores e incluso se teñen producido situacións «inimaxinables» como a de ter que sacar a pasear ao can de José Luis Rodríguez Zapatero, coidar das súas fillas o facer de asistentes da vicepresidenta primera do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega.

No sindicato explican que esta situación non é nova porque, dende o comezo da democracia este problema deuse cos distintos executivos. A novidade é que anteriormente as outras empresas adxudicatarias compensaban aos empregados cun plus salarial pola realización destes traballos "que nada teñen que ver co convenio colectivo de aplicación".

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    É o vello concepto de poder....pensas que, unha vez que chegas, é todo de balde...ou sexa, como se foras o rei

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -