Publicado por : Adycto 28 de novembro de 2006

Hai uns días, a Conferencia Episcopal facía pública unha "Instrucción Pastoral" titulada "Orientaciones morales sobre la situación actual de España". Ben saben os lectores deste blog que en Xornal Aberto creemos, cando menos, na separación total do Estado e da Igrexa como un dos puntos de partida de calquera concepción moderna de goberno pero parece ser que a Igrexa Católica en España non comparte este punto de vista connosco. A "Instrucción Pastoral" publicada pola Conferencia Episcopal, que en breve analizaremos ao detalle, é un exemplo concreto e claro de como a Igrexa Católica en España trata de seguir facendo política dende os púlpitos, algo ao que estaba moi acostumada noutros tempos.

A "Instrucción Pastoral", da que podedes consultar un resumo neste enlace, fala de tres puntos claves: Forte oleada de laicismo, responsabilidade da Igrexa e dos católicos e discernimento e orientacións morais. Estes encabezamentos, que aparentemente parecen moi vencellados co que debería ser unha pastoral, serven para "maquillar" do que realmente se fala en cada un. Así, no primeiro dos puntos, o do laicismo, a "Instrucción Pastoral" fai unha chamada de atención sobre "o perigo que supón dilapidar os bens acadados e reabrir vellas feridas cunha utilización da “memoria histórica” guiada por unha mentalidade selectiva". Ou sexa, que o da recuperación da memoria histórica non lles parece ben (non vaia a ser que con esta recuperación aparezan casos de "comportamentos pouco cristiáns" da Igrexa durante os últimos 50 anos). Un tema moi propio dunha pastoral.

No segundo punto, o da responsabilidade da Igrexa e dos católicos, a "Instrucción Pastoral", fala do enfrontamento que se está a producir, segundo eles, entre a Igrexa Católica e o Goberno e afirman que "hai que evitar o risco de adoptar solucións equivocadas que, a pesares das súas aparentes claridades, en realidade, baséanse en fundamentos falsos, non cristiáns". Ou sexa, que os fundamentos que non sexan cristiáns son falsos e as solucións que está a adoptar o Goberno en determinados aspectos son "equivocadas". Moi propio dunha pastoral.

No último punto da "Instrucción Pastoral", o das orientacións morais", a Conferencia Episcopal desmelénase e métese de cheo no "proceso de paz" ou como algúns o chaman "rendición". Así, a pastoral afirma que "unha sociedade que quera ser libre e xusta non pode recoñecer explícita nin implicitamente a unha organización terrorista como representante político lexítimo de ningún sector da poboación, nin pode tela como interlocutor político". Non contentos con explicarlle ao Goberno o camiño a seguir neste proceso, a Conferencia Episcopal opina tamén sobre os nacionalismos dos que afirma que "a Igrexa recoñece a lexitimidade das posicións nacionalistas, sempre que, como todo proxecto político xusto, xustifíquense en referencia ao ben común de toda a poboación directa ou indirectamente afectada". Queda claro non?

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    Curas y monjas chupan como esponjas¡¡¡

  2. Anónimo dí:

    cada un ó seu: a dar misa, ostia!!!

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -