Publicado por : Adycto 29 de novembro de 2006


Esperanza Aguirre, a presidenta da Comunidade Madrileña, anda estes días de actualidade pola publicación dunha biografía súa. A pesares de que o libro sairá á venda hoxe mércores, durante a fin de semana publicáronse diferentes estractos nalgúns medios. Un dos máis curiosos (por non decir denigrantes) é o que dí "no tener pagas extra me tiene mártir, las he tenido toda mi vida y las echo de menos en Navidad y en verano. No es que haga números a final de mes, ¡es que muchas veces no llego!". Para unha persoa que cobra ao ano 100.742,91 € ou, se o preferides, 8.395, 24 € ao mes, estas declaracións están fora de toda lóxica. Por este motivo, dende Periodismo Incendiario teñen impulsado a creación da campaña Un Euro Para Espe, coa que pretenden recaudar fondos -mediante ingreso en conta bancaria e SMS- para que Esperanza Aguirre no o pase mal a fin de mes. Se ela rexeita o que se recaude de eiquí a abril de 2007, os cartos ofreceránse a Asociación de Víctimas do 11-M e Attac España. A xente ten moi mala uva e iso gústanos en Xornal Aberto.

2 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    e outros cómo facemos para chegar con 900 euros?

  2. Que pena peniña peeeena, peeeena....

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -