Publicado por : Adycto 15 de outubro de 2006

Un amigo meu mandoume un interesante correo electrónico no que explica cómo o Código Penal español persegue con moita dureza os delitos relacionados coa piratería e ,moito menos, outros que, cando menos, parecen moito máis graves. Deste xeito, vos propoño un pequeno test para que vos xulguedes qué é máis grave.


Caso 1:


a) Luís descarga unha canción de Internet
b) Luís decide que prefire o disco orixinal e vai ao Corte Inglés a mangarlo. Unha vez alí, e para no dar maís viaxes, opta por levarse toda unha discografía. A suma do furtado non supera 400 euros.

Resposta: A descarga da canción sería un delito con pena de 6 meses a dous anos. O furto da discografía no Corte Ingles ni sequera sería un delito, senón unha simple falta (art. 623.1 do Código Penal).
------------------------------------------------------------------------------------
Caso 2:


a) Luís descarga unha canción de Internet.
b) Luís vai a furtar ao Corte Ingles e, como se lle vai a man, lévase cinconta compactos, por valor global de 1.000 euros.

Resposta: Seguiría sendo máis grave a descarga de Internet. O furto sería un delito, porque supera os 400 euros, pero sería de menor pena que a descarga (artigo 234 do Código Penal).
------------------------------------------------------------------------------------
Caso 3:


a) Serxio, en el pleno uso das súas facultades mentais, se descarga unha canción de Malena Gracia.
b) Serxio, nun descuido de Malena Gracia, lévalle o coche e o devolve 40 horas despois.

Resposta: Sería máis grave a descarga. O furto de uso de vehículo ten menos pena, a tenor do artigo 244.1 do Código Penal.
------------------------------------------------------------------------------------
Caso 4:


a) Oito persoas intercambian copias da súa música favorita
b) Oito persoas participan nunha riña tumultuosa utilizando medios ou instrumentos que poden poñer en perigo as súas vidas ou a súa integridade física.

Resposta: É menos grave participar nunha pelea que participar nun intercambio de compactos. Participar nunha riña tumultuosa ten unha pena de tres meses a un ano (art. 154 do Código Penal) e o intercambio tenría unha pena de 6 meses a 2 anos (art. 270 do Código Penal). Se algún día te ves obrigado a elexir entre participar nun intercambio de copias de CDs ou participar nunha pelea masiva, escolle sempre a segunda opción, que é obviamente menos reprobable.
------------------------------------------------------------------------------------
Caso 5:


a) Xoán copia a última película do seu director favorito dun DVD que lle presta a súa secretaria Susana.
b) Xoán, aproveitándose da súa superioridade xerárquica no traballo, acosa sexualmente a Susana.


Resposta: O acoso sexual tería menos pena segundo o artigo 184..2 do Código Penal.
------------------------------------------------------------------------------------

One Response so far.

  1. Anónimo dí:

    os das sgae son uns ladróns¡¡¡¡¡

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -