Publicado por : Adycto
26 de setembro de 2006
Os comerciantes da Fundación Santiago Centro teñen a intención de que, antes de que remate o ano, os serenos regresen ás rúas de Compostela, aínda que, desta vez, cun novo estilo. Así, ademáis das funcións de vixiancia propias deste oficio, o sereno podería chegar a desempeñar un servicio complementario de apoio ante calquera situación de emerxencia. A idea, en principio, paréceme un pouco "Cuéntame" pero, se serve para incorporar a parados de determinadas características ao mundo laboral e é financiado maioritariamente polos comerciantes, creo que, en principio, pode ser útil. Mellor serenos que policías.
Por este motivo, os serenos de Xixón visitarán o vindeiro mes Compostela para realizar unha demostración de cómo é este particular modelo de vixiancia que se aplicou de xeito pioneiro na capital asturiana. Así, a Fundación Santiago Centro organizará en outubro unhas xornadas que contarán coa presencia de Asata, que é a Agrupación de Sociedades Asturianas de Traballo Asociado, que coordina o proxecto de extensión do servicio xixonés.
Para poñer en marcha este proxecto, a organización de comerciantes segue as pautas do concello de Xixón. Nesta cidade, o servicio funciona desde 1999 cun volumen anual de tres mil consultas. A iniciativa nacía hai sete anos como fórmula de autoemprego para parados mayores de corenta anos. Na actualidade contan cunha plantilla de corenta e sete traballadores.
E logo qué, vestimpos de grises aos policías?