- Atrás »
- Caixon desastre , Curiosidades , curioso »
- SEN QUE SIRVA DE PRECEDENTE
Publicado por : Adycto
8 de setembro de 2006
Sen que sirva de precedente, hoxe en Xornalaberto falaremos de televisión. Onte comezou en Telecinco a VIII edición do reality Gran Hermano. En breve comezará, nesta mesma cadena, Desafío baixo cero, un programa de famosos patinando e , a partir do vindeiro 11-s (non podía escoller unha data mellor), empezan a emitir en Telecinco os castings da nova edición de Operación Triunfo. Conclusión: Telecinco convertirase durante os próximos meses (se é que non o era xa) na televisión coa maior programación lixo da historia.
Deste xeito, dende a mañán a noite, a cadena do cinco estará emitindo, case que ininterrunpidamente, programas que terán como protagonistas aos concursantes destes tres programas. Non é que o resto das cadeas estean dando un exemplo do que é facer boa televisión pero o nivel que está a acadar Telecinco obriga a escribir este post.
Por certo, sopranme que o vindeiro 11-s (que manía con esta data) a CRTVG mostrará a súa nova imaxe corporativa que incluirá, despois de moitos anos sen cambios, UN NOVO LOGO PARA A TVG. Estou desexando velo.
que asco¡¡¡¡
a ver como es el logo de la tvg...ya tengo curiosidad