Publicado por : Adycto 9 de agosto de 2006

Escribo estas liñas dende a desesperación que produce non poder facer nada máis contra o lume que está a asolar o noso querido país e dende o hastío que produce chamar, unha e outra vez, ao cacareado número de defensa contra o lume (non se pode activar un número coma este sen a capacidade para atender as chamadas que a el se producen) e que non teña resposta. Por este motivos decidín poñerme a escribir sobre algo que considero fundamental nesta crise que estamos a vivir: Xustiza para Galiza.

Aínda que agora o principal é controlar os moitos lumes que están arrasando o noso país de norte a sur, tamén é agora o momento de dicer que esta catátrofe non pode quedar sin castigo. Se durante a crise do Prestiege tódolos galegos esiximos Xustiza para os responsables (políticos e non políticos) desa catátrofe, agora, todos xuntos, tamén debemos esixir Xustiza para os responsables (políticos e non políticos) do que nestes días está a acontecer en Galiza. Se cadra con máis forza, xa que neste caso contamos, polo de agora, con tres vítimas mortais.

Segundo publicada a Voz de Galicia estes días, só o 5% dos detidos por prantar lumes van a cadea e isto é algo que, nas circunstancias nas que estamos, non podemos e non queremos asumir. Para empezar, os galegos esiximos que aos responsables de que o noso país arda de xeito descontrolado se lles aplique o Código Penal vixente con toda a súa dureza (poden ser condeados ata a 20 anos de cadea) e que, deste xeito, o seu castigo sirva de exemplo para os que nun futuro pretendan facer algo parecido.

Canto aos responsables políticos, debo dicer que, os psicólogos clínicos consideran que en España hai pouco máis dun centenar de pirómanos diagnosticados, pero ouvindo aos políticos parecen miles. ¿No será que os verdadeiros pirómanos teñen sido as políticas agrarias, forestais e urbanísticas, esto é, de xestión do territorio, que veñen funcionando dende hai décadas?.

Ademais, haberá tempo máis adiante de falar da ausencia de medios para loitar contra o lume e da lentitude do goberno estatal para movilizar ao exército nunha situación de catástrofe coma a que estamos a vivir, tal e coma pasou no caso do Prestiege. Polo de agora conténtome con isto pero, máis adiante, haberá que falar largo e tendido sobre este e outros temas.

Por certo, a fotografía que ilustra este comentario é de Casteleiro.

4 Respostas ata o de agora.

  1. Anónimo dí:

    XUSTIZA PARA GALIZA¡¡¡¡PIROMANOS AO CARCERE

  2. Anónimo dí:

    Conselleiro de Medio Rural CESE FULMINANTE...!

  3. Anónimo dí:

    Conselleiro de Medio Rural CESE FULMINANTE...!

  4. Anónimo dí:

    ao mellor o responsable da situación non é o conselleiro de medio rural senón as desastrosas políticas forestais levadas a cabo nos derradeiros 16 anos de goberno fraguel....creo que as políticas desenvolvidas por Suárez Canal sí van pola liña correcta (a longo prazo) pero é dificil. Ademais, lembrote que este ano a Comunidade Galega foi a que máis cartos investiu na loita contra o lume...sería cuestión de discutilo todo pero coido que o actual conselleiro non é o responsable da situación, ainda que sí de algúns dos erros de coordinación que se están a producir

Conversando

Con tecnoloxía de Blogger.

Arquivo Xornal Aberto

Busca no Blog

- Copyright © Xornal Aberto -Metrominimalist- Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan -